PONTEAREAS
Salvador González Solla declarou durante máis dunha hora
O ex alcalde ponteareán terá que volver a comparecer nunha data aínda por determinar.
O Xulgado número 2 do Concello de Ponteareas acolleu a declaración, por espazo de algo máis de 1 hora, do anterior alcalde da localidade, Salvador González Solla, pola súa condición de imputado na denominada Operación Patos.
A comparecencia do ex rexedor terá que continuar noutra data aínda por delimitar pola xuíza instrutora do caso debido á imposibilidade de seguir utilizando a sala de audiencias, feito que tamén provocou que o resto de persoas citadas para declarar teñan que esperar para facelo até recibir unha nova comunicación do xulgado.
Durante a sesión, os avogados de todas as partes personadas, incluído o Concello de Ponteareas, formularon á xuíza a petición de acceso ás gravacións completas das escoitas realizadas pola UDEF (Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal) no marco desta operación, xa que neste momento só poden acceder ás transcricións. A declaración de González Solla atópase baixo secreto de sumario.
Ante esta demanda, a xuíza decidiu adiar as comparecencias que xa estaban fixadas para o 14 de decembro (día no que estaba citada a ex concelleira de Facenda de Ponteareas, Belén Villar) até recibir todo o material existente nas gravacións realizadas pola unidade policial.
O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, agarda “que o acceso a estas gravacións permita aclarar até que punto os regalos que tería recibido González Solla poderían ter influído na presunta adxudicación irregular do contrato de xestión da estación de tratamento de auga potable (ETAP), ademais de coñecer a posible implicación de que Belén Villar na trama a través das conversas que mantivo co cabeza da mesma, Enrique Alonso Pais”.
“En calquera caso”, lembra Represas, “o Concello seguirá representado na causa ao longo de todo o proceso para defender os intereses da veciñanza de Ponteareas”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149