Viernes, 03 de Octubre de 2025

Xornal21
Miércoles, 16 de Diciembre de 2015 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra rende homenaxe a Rafael Fontoira, fundador da Escola de Canteiros

A Presidenta da Deputación, Carmela Silva, destacou o compromiso de Fontoira “que o levou ata a aportar o seu patrimonio para que a Escola de Cantería puidera seguir funcionando”.

[Img #21990]

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada da deputada Montse Magallanes, acudiu  á Escola de Cantería para render homenaxe a Rafael Fontoira Surís, fundador do centro. Carmela Silva destacou que “toda a provincia e Galicia debe render un recoñecemento a Rafael Fontoira, pai da Escola de Cantería e un home comprometido coa mesma, ata o extremo de aportar o seu patrimonio para que puidera seguir funcionando”.

 

Silva destacou que “somos a comunidade con maior riqueza artística en pedra polo que debemos seguir traballando para que non se perda a nosa historia, a nosa identidade, o noso patrimonio, pero tamén para que sigamos construíndo patrimonio en pedra e que así as vindeiras xeracións sigan afirmando que somos o territorio con maior arte en pedra”.  Por todo elo, a Presidenta agradeceu a tarefa que realizou Rafael Fontoira, “pai desta Escola, que loitou por mantela e darlle o prestixio que hoxe ten, un home que deu tanto por esta grande profesión que converte a pedra, que forma parte da nosa identidade, en arte”.

 

Asemade, Carmela Silva anunciou que quere que Rafael Fontoira asesore á Deputación de Pontevedra en canto á Escola de Cantería, polo coñecemento que ten da mesma, e en materia de patrimonio.

 

Pola súa banda, Rafael Fontoira agradeceu as palabras da Presidenta da Deputación “dobremente, porque teño que dicir que os anteriores fixeron todo o contrario, non me deron nin a oportunidade que lle daba Franco para as persoas coma min, que lles mandaban unha carta de cese por un motorista”. Pese a elo, Fontoira destacou que ter rancor non serve para nada e afirmou que “gardo unha inmensa alegría por esta escola, por este edificio que tantos anos me custou facer, polo esforzo que supuxo que se puxeran de acordo a Deputación coas Consellerías para que pagaran este edificio, por ver que o plan de estudos que fixen segue funcionando, pero sobre todo por ver que segue habendo alumnado na escola”.

 

Ademai, Fontoira aproveitou a homenaxe para pedirlle á Presidenta da Deputación que “siga apoiando á Escola de Cantería, porque facelo é apoiar ó espírito das galegas e galegos e ó máis  devanceiro dos oficios da provincia de Pontevedra”.

 

Finalmente, a Presidenta da Deputación felicitou ós gañadores dos premios de modelado 2015,  Cristian Jabois Pérez e Sergio Paz Sotelo pola obra “El Pacto”, na categoría B, e Raúl Martínez López pola obra “Niña con caballito”, na categoría A.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.