GALICIA
Máis de 120 penados por delitos de tráfico participaron nuns obradoiros de educación viaria
Foi a través dun convenio asinado pola Consellería de Presidencia e o Ministerio de Interior para o cumprimento das penas de traballo en beneficio da comunidade
Un total de 128 condenados por delitos relacionados coa seguridade no tráfico rodado participaron no que levamos de 2015 en 5 obradoiros de educación viaria promovidos pola Xunta de Galicia.
O Goberno galego, a través da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, asinou un convenio de colaboración co Ministerio de Interior para o cumprimento das penas de traballo en beneficio da comunidade. En base a este convenio a Consellería, en colaboración coa Asociación de Criminólogos de Galicia (CRIGA), durante o ano 2015 levou a cabo os ditos obradoiros nas cidades de Ourense, Ferrol, e Santiago.
As prazas foron distribuídas, baixo a responsabilidade de Institucións Penitenciarias, previa entrevista dos penados para determinar a actividade máis axeitada a cada un deles, e segundo as súas características persoais, a súa capacidade laboral e a súa contorna social, persoal e familiar. A execución da actividade desenvólvese baixo o control do xuíz de vixilancia penitenciaria e dos servizos sociais de Institucións Penitenciarias. Os talleres constaban dunha fase formativa e outra de realización de actividades de utilidade pública.
Estes cursos puideron desenvolverse grazas á modificación da Lei Orgánica 10/1995 do 23 de Novembro do código penal, que entrou en vigor no ano 2010. O cambio posibilitou que os traballos en beneficio da comunidade poidan consistir na participación do penado en talleres ou programas formativos ou de reeducación, laborais, culturais, de educación vial, sexual e outros semellantes.
Grazas a este nova iniciativa á posible avanzar na bondade do sistema que permite que baixo concretas circunstancias, a pena consista en traballos en beneficio da comunidade, o que reporta non só un aliciente para o penado en aras a súa futura conduta, senón que reverte na comunidade como prestataria dos seus servizos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149