Domingo, 18 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 15 de Diciembre de 2015 Tiempo de lectura:
Ponteareas

Ponteareas pon en marcha o Campus Tea Nadal 2015

A inscrición poderá efectuarse no departamento de Ensino até o 17 de decembro

A concellería de Ensino, dirixida por Cristina Fernández, organiza, como xa fixera nas datas estivais, un campamento urbano destinado a promover a conciliación laboral e familiar e que permitirá que un total de 50 nenos e nenas de entre 3 e 12 anos poidan gozar de diferentes actividades lúdicas e educativas durante os días 21, 22, 23, 24 28, 29, 30 e 31 de decembro; e 4 e 5 de xaneiro.

 

O prazo para poder inscribirse estará aberto até o vindeiro 17 de decembro, inclusive, e as solicitudes deberán ser presentadas no departamento de Ensino do Concello de Ponteareas, situado no segundo andar da Casa do Concello. A ficha de inscrición pódese cubrir solicitándoa no propio departamento de Ensino en horario de 09:00 a 14:00 horas ou nos centros de ensino do municipio.

 

As actividades desenvolveranse, maioritariamente, nas instalacións do CEIP Fermín Bouza Brey, pero os rapaces e rapazas tamén terán a oportunidade de realizar prácticas deportivas nas instalacións da Piscina Municipal e do Pavillón Álvaro Pino. O prezo de inscrición é de 45 euros por cada neno ou nena.

 

Trátase dunha “alternativa de lecer para a mocidade que amosa, unha vez máis, a firme convicción existente dende o goberno local de favorecer, dende a administración, a conciliación laboral e familiar de moitas persoas nas datas de períodos non lectivos” tal e como sinala Cristina Fernández. O horario no que se desenvolverán as actividades do Campus Tea Nadal 2015 será de 09:00 a 14:00 horas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.