Domingo, 18 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 14 de Diciembre de 2015 Tiempo de lectura:
Ponteareas

O club Camiñantes do Condado organiza unha suba ao pico máis alto dos Pirineos

A ascensión producirase entre os días 20 e 24 de decembro e para participar é preciso contar con licenza federativa, equipo de alpinismo, experiencia e curso acreditativo

O club Camiñantes do Condado organiza unha escalada ao Aneto, o pico máis alto da cordilleira dos Pirineos. A entidade ponteareán convida a todas aquelas persoas con licenza federativa, equipo de alpinismo, experiencia en escalada e curso acreditativo a participar, sendo tamén imprescindible poñerse en contacto co club a través do enderezo electrónico caminhantesdocondado@gmail.com ou inscribíndose a través da web https://sites.google.com/site/oscaminantesdocondado/.

 

O Aneto ten máis de 3.400 metros de altura e está situado no Parque Natural Posets-Maladeta, na provincia aragonesa de Huesca. Na súa cara norte, a partir dos 2.800 metros, reside o maior glaciar dos Pirineos, cunha superficie de 100 hectáreas. Se o clima o permite, a escalada até o cumio da montaña se fará por esta cara. En caso contrario, a organización ten previsto un percorrido menos arriscado.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.