Sábado, 17 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 18 de Diciembre de 2015 Tiempo de lectura:
Tui

Dúas florarías decoran as rúas de Tui polo Nadal

[Img #22029]O Concello de Tui coa colaboración das florarías Flores Rita e La Flor Floristas están adornando as rúas do casco urbano co gallo das festas do Nadal. Deste xeito segundo explica o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, o Concello de Tui aposta por embelecer as principais rúas tudenses durante, o que agardan contribúa a dinamizar a actividade comercial e atraer visitantes á cidade. O material empregado resiste as inclemencias do tempo de tal xeito que se poderán gardar para ser empregado en próximos anos.

 

As florerías Rita e La Flor están a elaborar e colocar distintos adornos en tons branco e vermello. Así por unha banda tanto no Paseo da Corredoira coma noutras rúas do casco urbano están a colocar conos de médula  con lazos de organza ou rafia e estrelas. Mentres a Porta da Pía e as prazas do Concello e de San Fernando locen xa guirnaldas con coroas de Nadal. Outro dos motivos serán tótems florais que se instalarán na Praza de Galicia, na Glorieta de Vigo ou na intersección entre as rúas Compostela e Mondoñedo. Tamén serán decoradas as prazas de Fromista e da Armada no Conxunto Histórico. Outro dos lugares singulares que lucirán estes adornos será a vella Ponte Internacional onde na varanda peonil se colocarán tres grupos de adornos así coma unha guirnalda na parte española.  Toda a decoración ao completo poderá verse esta próxima fin de semana. 

 

Estes adornos súmanse ao alumeado acendido o pasado 4 deste mes, para embelecer Tui nestas datas festivas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.