Mos
O Concello dota de beirarrúas a baixada do túnel que vai á Porteliña
As obras realízanse no Camiño de Vilanova, onde tamén se colocarán dous pasos de peóns
![[Img #22040]](upload/img/periodico/img_22040.jpg)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, xunto co concelleiro de Vías e Obras, Luis Alonso, e o tenente alcalde mosense, Alberto Méndez, supervisou recentemente as obras que se están a acometer no Camiño de Vilanova, parroquia de Petelos, na baixada do túnel que vai á Porteliña.
Os traballos e que se están a realizar con medios propios da concellería de Vías e Obras, consisten en labores de cara á mellora da seguridade viaria na zona, sobre todo para os peóns. Concretamente as obras consisten na instalación de beirarrúas e de dous pasos de peóns.
O vial obxecto da mellora trátase dunha rúa moi transitada a pé polos veciños e veciñas da zona, posto que dá acceso á Igrexa e ó cemiterio de Petelos, así coma ás dependencias do Concello de Mos.
Os representantes municipais amosáronse satisfeitos polo óptimo desenvolvemento e boa marcha das obras, que estarán rematadas nun breve período de tempo. Así mesmo declararon que “estes traballos eran moi necesarios e beneficiarán a moitos habitantes de Petelos, polo que a satisfacción de poder levalos a cabo é dobremente maior”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191