Jueves, 15 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 18 de Diciembre de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

O Pazo de Mosa colle una exposición do colectivo artístico Neos

[Img #22052]

 

Hoxe venres, 18 de decembro, arranca unha exposición de escultura e pintura do colectivo artístico NEOS na sala de exposicións do pazo de Mos. Este colectivo artístico agrupa a varios artistas que emplean distintas disciplinas en pintura e diversos materiais na escultura. Entre os seus integrantes, que proceden na maioría do sur de Galicia aínda que tamén os hai doutras provincias, atopamos nomes coma Marisa Magallanes, “El Kidagufa”, Juan Rial, Lucía Iglesias, Elisa Rodríguez, José Luis Miranda, Cris Amoedo, Victoria Palencia, Ana Crespo ou Santi Vaz, entre outros.

 

A exposición será inaugurada ás 20:00h polos “Marqueses de Mós”, os mesmos personaxes que protagonizan a festa de recreación histórica “Arde o Pazo”, xa que entre os cuadros expostos estará un lenzo que o pintor Chicho Solveira iniciou durante a súa participación no mercado da pasada edición desta festa. O artista rematou a obra no seu taller de Nigrán, ultimando os detalles do retrato dos marqueses xunto a outros personaxes da obra teatral da festa e co pazo de Mos ao fondo.

 

No acto inaugural tamén está prevista a participación de varios poetas e artistas locais. Como presidente da Asociación Cultural “Festa da Prehistoria” e como escultor incorporado ao grupo NEOS, quero animar a tódolos veciños a visitar esta mostra que permanecerá na sala ata o 16 de xaneiro cun horario de apertura de 17:00h a 21:00h.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.