Domingo, 18 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 18 de Diciembre de 2015 Tiempo de lectura:
O Porriño

Eva García amosa o apoio do Concello á laboura de Aceesca

[Img #22057]

 

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, acompañada pola concelleira de Benestar, Soledad Girón, visitou o xoves 17 a Asociación Comarcal de Educación Especial Santísimo Cristo del Amor (Aceesca), en  Torneiros, que atende a 91 persoas de ata 10 concellos distintos da provincia.

A alcaldesa coñeceu, polo miúdo de man da directora do centro, o  traballo que realizan os 40 profesores encargados da Unidade de persoas con discapacidade intelectual, Unidade de persoas con Pluridiscapacidade intelectual, Unidade de persoas con trastornos do espectro autista, os centros de día, ocupacional e o de Empreabilidade, ademais do departamento de Logopedia, os talleres de xardinería, manualidades,o ximnasio, a piscina o invernadeiro e a nova aula de Multisensorial, que supuxo un investimento de 45.000 €, aportados por distintas empresas, 
organizacións e iniciativas cidadás.

Eva García de la Torre, que tivo a ocasión de falar con varios alumnos e profesores e asistir ao inicio do Festival de Nadal, gabou a laboura que se fai en Aceesca e amosou o compromiso do Concello do Porriño en apoiar a mesma, non so dende o eido local, senón facilitando un dos obxectivos esenciais da formación dos usuarios: a integración laboral.

A alcaldesa atendeu as necesidades que ten na actualidade o centro e que dependen da competencia municipal, como a sinalización do centro, que recoñeceu “é moi deficiente” e que fai difícil atopar o mesmo chegando dende Vigo, Gondomar, Mos, Tui ou a saída da Autoestrada A-9.

A rexedora  comprometeuse a adaptación do Punto Limpo para adápta-lo á nova regulamentación legal de tratamento dos residuos de amianto, de xeito que se facilite o traballo dos usuarios que se adican a esta laboura.

O Concello tamén estudará o xeito de adecuar o aparcamento exterior, que está en moi mal estado, ás necesidades do centro, dos traballadores, profesores, alumnos e familiares dos mesmos.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.