Galicia
A Plisan ofrecerá solo en venda a prezo bonificado de 50 euros o metro cadrado
Na xuntanza acordouse incentivar a actividade económica na plataforma lóxistica mediante a bonificación do prezo dos primeiros 100.000 metros cadrados que se vendan
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, presidiu o venres 18 unha nova reunión da Comisión de Seguimento da Plisan, na que están representadas as tres administracións implicadas na súa promoción: Xunta de Galicia, Autoridade Portuaria e Consorcio Zona Franca de Vigo. Nesta xuntanza, acordouse as condicións e o inicio da comercialización das primeiras parcelas, posto que en 2016 convocarase o concurso de venda das parcelas.
Vázquez concretou que as empresas demandantes poderán elixir entre comprar o solo ou acollerse á fórmula de dereito de superficie, un canon simbólico anual con opción de compra, onde as condicións serán as mesmas que as recollidas para o solo propiedade do IGVS e, no caso de compra do solo, establécese un prezo bonificado de 50 €/m² para os primeiros 100.000 metros cadrados que se vendan na Plisan.
A responsable de Infraestruturas subliñou que o propósito do Goberno galego e das outra administracións é favorecer a implantación de empresas, polo que se ofrecen condicións moi vantaxosas para a adquisición de solo, que contribuirán a que a Plisan se converta nun polo de atracción de novos proxectos que xerarán actividade e riqueza na nosa terra.
Ethel Vázquez informou que esta reunión permitiulles abordar diversos asuntos, algúns deles de grande importancia para o desenvolvemento futuro da plataforma loxística, por unha parte, “asinamos unha addenda ao convenio para o desenvolvemento da Plisan, co fin de dotar esta Comisión de Seguimento de capacidade para licitar e contratar as obras”.
“O que significa que se poderán licitar e contratar novas actuacións sen necesidade de firmar un novo convenio entre as partes para cada unha delas, co que se acada maior flexibilidade e axilidade na licitación e contratación das obras futuras”, asegurou.
A Conselleira de Infraestruturas explicou que tamén se avanzou no proceso de adquisición dos terreos necesarios para as conexións exteriores da EDAR e da ETAP desde o límite do ámbito da Plisan e acordouse que o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) licitará e contratará conxuntamente o proxecto e obra de execución da EDAR, así como a obra da ETAP.
Por último, concluíu que continúanse dando os pasos necesarios para cumprir co cronograma previsto, xa que, nestes momentos están en execución as obras de urbanización da primeira fase dos sistemas xerais, uns traballos que comezaron no mes de outubro, que teñen un prazo de 18 meses, e supoñen un investimento de 13,5 M €. Así mesmo, no primeiro trimestre de 2016, licitarase conxuntamente o proxecto e obra da depuradora de augas residuais e a obra da potabilizadora.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149