Tomiño
Protección Civil de Tomiño participou en máis de 400 operativos de emerxencias ao longo deste ano
![[Img #22066]](upload/img/periodico/img_22066.jpg)
A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tomiño, celebrou unha asamblea xeral o pasado sábado 12 na que deron conta dos máis de 400 operativos que atenderon no que vai de ano.
O Corpo de Protección Civil de Tomiño está formado por 25 voluntarios e voluntarias que de xeito desinteresado atenden emerxencias de todo tipo e adícan esforzos a formarse na Academia de Seguridade de A Estrada.
En 2015, o 80% das saídas concentráronse en operativos de accidentes de estrada, séguenlle os referidos a incendios, temporais ou accidentes domésticos como captura de animais perigosos para a cidadanía (vespa asiática, serpes, ….).
Protección Civil de Tomiño conta con equipos para a atención de emerxencias como un coche bomba Mercedes Bull usada para a extinción de incendios e salvamento; traxes especiais para incendios urbanos e forestais e emisoras de última xeneración; unha furgoneta Ford Transit 110 T 330, de 9 prazas para dispositivos, rescates de persoas, sempre coordinados coas forzas de seguridade de Tomiño, ou desprazamentos dos voluntarios a cursos de formación e outras actividades; unha zodiac e mesmo o can “Tor”, adestrado para a busca de persoas desaparecidas. Neste ano 2015 o parque móbil ampliouse cunha Volkswagen Amarok.
A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil leva máis de 20 anos prestando un servizo altruista ao municipio que cada día vese consolidado polo seu carácter profesional derivado da formación e dos medios que ano a ano se incrementan para unha maior efectividade.
O Concelleiro de Seguridade, Manuel Álvarez, agradece o esforzo de todos os membros de Protección Civil, “voluntarios e voluntarias que realizan unha tarefa de gran valor, de maneira totalmente desinteresada.”

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129