GALICIA
A Xunta abre o prazo de solicitudes do Conecta-Peme para mobilizar 40 millóns en proxectos de innovación empresarial
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a nova convocatoria deste programa ao que se poden presentar propostas ata o vindeiro 22 de xaneiro.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria da terceira edición do programa Conecta-Peme, que mobilizará 40 millóns de euros a través de proxectos de innovación de alto impacto liderados por pequenas e medianas empresas galegas. O prazo de presentación de propostas permanecerá aberto ata o 22 de xaneiro de 2016.
Actívase así a maior aposta do Goberno galego pola innovación empresarial desde antes do comezo da crise, co obxectivo de reforzar a capacidade de recuperación das pemes con base no coñecemento. Nesta edición do programa, o primeiro específico para pequenas e medianas empresas galegas de perfil innovador a través dun investimento público de 25 millóns de euros a Xunta prevé impulsar máis de 50 proxectos de innovación promovidos por consorcios empresariais formados por cerca de 200 pemes galegas, coa perspectiva de que a maior parte deles implique tamén a colaboración de centros tecnolóxicos e de investigación galegos.
As dúas primeiras edicións xa están a xerar investimentos por 46 millóns en 72 proxectos de cooperación que crearon 500 postos de traballo
A nova edición do Conecta-Peme inclúe 20 medidas de simplificación e flexibilización administrativa, atendendo así á demanda das propias empresas de reducir os esforzos destinados aos procesos burocráticos. Desde o punto de vista estratéxico, as principais novidades desta terceira edición do programa son o aliñamento coas prioridades temáticas establecidas na Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3) e o apoio por primeira vez a proxectos de innovación en organización e mellora de procesos. Isto último responde ao aliñamento coa Axenda de Competitividade Industrial 4.0.
Nas dúas edicións anteriores, que xa están a xerar investimentos por 46 millóns en 72 proxectos de cooperación que crearon 500 postos de traballo, concentraron a maior parte dos proxectos apoiados as TIC; a agroalimentación, a pesca e a biotecnoloxía; a nanotecnoloxía, os novos materiais e as tecnoloxías de produción; a enerxía; e a saúde.
Innovacións de impacto e rendibles
O Conecta-Peme busca impulsar a xeración de solucións innovadoras a necesidades estratéxicas para Galicia, que ao tempo sexan competitivas no mercado global; mobilizar capital privado con destino á innovación; e fomentar a unión de capacidades científico-tecnolóxicas procedentes das esferas pública e privada.
Esta edición trae novidades como o apoio a proxectos de innovación en organización e mellora de procesos e a simplificación dos trámites e o aliñamento coa RIS3 e a Axenda Industria 4.0
Deste xeito, o programa apoia proxectos que supoñan unha innovación disruptiva ou radical e que xustifiquen un alto impacto económico, polo que se valorará o novidoso das tecnoloxías xeradas, pero ademais, e moi especialmente, a súa capacidade para xerar rendibilidade no mercado e, en consecuencia, contribuír ao crecemento económico de Galicia.
As axudas incentivan a innovación aberta para a mellora competitiva das pemes, mediante o apoio a proxectos en colaboración entre un mínimo de dúas e un máximo de seis empresas. Nesta edición incorpórase a posibilidade de incluír no consorcio a unha gran empresa, sempre que non supere a execución do 25% do total do orzamento, e unha consideración especial para os proxectos que impliquen a contratación de centros tecnolóxicos e de investigación galegos. Os proxectos terán que contar cun orzamento de entre 500.000 euros e 1,5 millóns e as axudas públicas poderán cubrir ata o 80% do total.
Os proxectos presentados deberán ter por obxectivo xerar tecnoloxías novidosas pero tamén acreditar unha perspectiva de alto impacto económico para contribuír á competitividade e ao crecemento da economía galega
Ao longo das últimas semanas celebraronse talleres por toda Galicia para darlles soporte práctico ás empresas interesadas en presentar proxectos a esta terceira edición do Conecta-Peme. Estas sesións terán continuidade durante a primeira quincena de xaneiro en máis localidades para apoiar as pemes na preparación das súas propostas coas máximas opcións de éxito.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149