Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 27 de Diciembre de 2015 Tiempo de lectura:
O Porriño

O pleno aproba pedir á Xunta a cesión das rúas Progreso e Bos Aires e a partida para a súa humanización

Tomaron posesión como novos concelleiros, Lourdes Moure Varela, do Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE, e Pedro Ocampo Cardalda, de EU-Son.

[Img #22113]

 

Lourdes Moure Varela, do Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE, e Pedro Ocampo Cardalda, de EU-Son, tomaron posesión como novos concelleiros no Pleno da Corporación do Porriño na xuntanza extraordinaria deste martes, 22 de decembro. Lourdes Moure ven de substituír a Raúl Francés e Pedro Ocampo a Ricardo Canosa, que presentaron a súa dimisión o pasado mes de novembro.

O Pleno, dirixido por Manuel Carrera, como alcalde accidental, ante a ausencia da alcaldesa, Eva García de la Torre, a quen un proceso gripal non lle permitiu presidir a xuntanza da Corporación, deu o seu visto bo, entre outras cuestións, á aprobación inicial da Ordenanza reguladora das Tarxetas da Estacionamento para persoas con Diversidade  Funcional.

Nos vindeiros días a ordenanza sairá a exposición pública abrindo un prazo de alegacións nas que os grupos municipais, asociacións e cidadáns poderán facer as aportacións e alegacións que estimen oportunas. Algunhas delas xa foron anticipadas polos concelleiros no Pleno, entre outras a axilización da súa solicitude, a tramitación das tarxetas provisionais ou o prazo de vixencia, que a concelleira de Benestar, Soledad Girón, estivo dacordo en que debe ampliarse para “facilitar o seu uso efectivo”.

A Corporación tamén aprobou, solicitar ao Goberno de Galicia o traspaso da parte urbana da Estrada PO-329, que transita polas rúas Progreso e Bos Aires, coa finalidade de proceder ao arranxo e humanización da mesma, que abranguería non so o acantoamento en superficie- coa mellora de beirarrúas, pavimentación ou puntos de iluminación- senón o cambio das canalizacións de auga e do saneamento.

O proxecto requirira un investimento superior a 1,5 millóns de euros que o Pleno estivo dacordo en que fose asumido polo Goberno de Galicia, ben mediante a realización directa das obras, anterior á súa entrega á finalización das mesmas, ben mediante a transferencia ao Concello do Porriño coa súa correspondente partida orzamentaria.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.53

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.