Ponteareas
As palmeiras dos Xardíns da Xiralda “graves” tralo ataque do picudo vermello
O Concello encargou a unha empresa os labores de tratamento con pesticida para eliminar a esta especie invasora
![[Img #22117]](upload/img/periodico/img_22117.jpg)
As seis palmeiras presentes nos Xardíns da Xiralda do Concello de Ponteareas comezaron a ser tratadas o luns, 21 decembro, para combater os efectos negativos que nelas causa o picudo ou escaravello vermello, unha especie invasora que pode chegar a provocar a morte destas árbores.
Tralo estudo feito pola empresa encargada polo Concello, que realizou os traballos grazas a unha grúa que permitiu aos operarios levar a cabo o tratamento dende o punto máis alto das palmeiras, a conclusión extraída foi que catro delas estaban afectadas por esta praga e, asemade, dúas das palmeiras precisaban un tratamento de choque urxente. Trátase dun trato que “está a ser eficaz na maioría dos casos”, asegura o alcalde, Xosé Represas.
O rexedor afirmou que, “aproveitando que a situación de dúas das palmeiras é grave, trataremos as catro restantes para evitar que a praga se propague”. As medidas a tomar inclúen revisións nos meses vindeiros para comprobar a evolución do tratamento, “de xeito que poidamos garantir que unha parte importante do entorno do Concello poida ser conservado en boas condicións”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149