Mos
Gañamos denuncia una nave “con irregularidades” en Puxeiros
O Grupo de GañaMos, recén incorporado a Corporación, ven de denunciar a construción dunha “voluminosa nave industrial cun impacto paisaxístico negativo e desproporcionado”, sita na Avda de Puxeiros a Peinador.
Dende a nova formación aseguran, nun comunicado de prensa, que “existe unha licenza caducada, concedida en 2009”. Tamén o feito de que “existe un informe da Policía Local, por requerimento noso, que recoñece a inexistencia de cartel de obra preceptivo, sen que se realice ningunha sanción e siga sen colocar tres meses despois de ser reclamado”.
Segundo aseguran no mesmo comunicado de prensa “a construción desta obra, paralizada durante varios anos, acelerouse nos últimos meses” polo que reclaman a Concelleira de Urbanismo “que asuma a responsabilidade do seu mal facer e dimita ante a súa incapacidade”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180