PROVINCIA
A Estación Fitopatolóxica de Areeiro aconsella eliminar de inmediato as palmeiras moi afectadas polo picudo vermello
Os técnicos emitiron un aviso fitosanitario no que tamén advirten de que a poda das vides debe facerse en tempo seco e de que é apropiado facer un tratamento con cobre nas froiteiras.
A Estación Fitopatolóxia de Areeiro (EFA), centro dependente da Deputación de Pontevedra, ven de emitir un aviso fitosanitario a causa do picudo vermello.Os técnicos aconsellan que as palmeiras moi afectadas por esta praga deben eliminarse, operación que debe realizarse respectando escrupulosamente as normas de seguridade básicas e adoptando unha serie de precaucións para evitar a dispersión da enfermidade, polo que se aconsella recorrer a empresas especializadas.
O director da EFA, Pedro Mansilla, explica que este ano observouse un avance notorio da praga en diferentes zonas da provincia e que cada vez son máis numerosas as palmeiras que manifestan síntomas do seu ataque. "Son moi abundantes tamén as consultas que recibimos sobre este tema; por este motivo, e aínda que o inverno é a época de menor actividade do insecto, consideramos necesario lembrar as actuacións básicas para limitar a súa dispersión e poder conseguir un mellor control da praga", sinala.
O vicepresidente provincial, César Mosquera, asegura que son moitos os concellos que teñen solicitado nos últimos meses axuda á EFA para coñecer o estado das súas árbores e que xa dispoñen dunha diagnose para facer fronte á praga. "A EFA ofrece un servizo moi útil e sen custe para os municipios da provincia, xa que os técnicos se desprazan ao lugar para analizar in situ cada pranta e despois realizan outros estudos laboratorio,non só no caso do picudo, senón por moitas outras afeccións".
Os consellos:
- Revisar periodicamente as palmeiras co fin de detectar posibles síntomas da presenza do picudo vermello (asimetría da copa a nivel das follas máis tenras, esborralle das palmas...).
- Evitar plantar novas palmeiras nas zonas onde se detectou a praga e nas súas proximidades.
- Evitar podas e, en todo caso, eliminar só as palmas secas unicamente no inverno (nunca o resto do ano). Os cortes deben ser limpos, sen rachos e tras realizalos débese tratar a ferida cun insecticida
- Realizar tratamentos preventivos a palmeiras sen síntomas con insecticidas a base de materias activas autorizadas. Se a palmeira é de elevada talla, existen varias empresas na provincia con capacidade para realizar estas intervencións. Se se trata de plantas de reducido tamaño, débense efectuar polo menos tres tratamentos: na primavera, verán e outono con insecticidas autorizados para este fin.
- Aplicar os tratamentos pertinentes ás palmeiras sintomáticas no momento da detección e posteriormente cinco aplicacións máis entre primavera e outono. Xa no inverno pódese realizar unha intervención con nematodos entomopatóxenos.
A pesar de ir en contra da filosofía xeral do centro de non talar ningunha árbore, os técnicos da EFA aconsellan que as palmeiras moi afectadas deben eliminarse, operación que debe realizarse respectando as normas de seguridade, polo que se aconsella facelo a través de empresas especialistas. En caso de exemplares pequenos, estes pódense cortar en anacos 'in situ' e soterrar todos os restos a unha profundidade non inferior a dous metros, deixando a zona limpa de calquera residuo da planta.
Froiteiras
Aínda que de momento non se están rexistrando as temperaturas baixas propias desta época, e tampouco no período vexetativo houbo problemas graves de patóxenos, os técnicos de Areeiro consideran recomendable realizar unha aplicación cun produto cúprico rexistrado no cultivo co fin de reducir o inóculo para a próxima campaña. Ademais, con este tratamento tamén quedan protexidas as microferidas provocadas na caída da folla ou, no caso do kiwi, tamén as producidas despois da recollida do froito.
Por outra banda, no caso da maceira, se se instalaron no verán bandas de cartón ondulado nos troncos das árbores para atrapar eirugas invernantes de 'Cydia pomonella', é un bo momento para retiralas e destruílas.
Sobre os viñedos, nalgunhas zonas xa se realizaron podas sobre algúns destes cultivo e noutras están a practicarse. É preciso lembrar que estas operacións deben realizarse preferiblemente en tempo seco, e que as plantas enfermas deben podarse o máis tarde posible. En todos os casos os cortes deben realizarse o máis verticais posible e sen rachos, desinfectando sempre as ferramentas de poda.
Despois, dada a conveniencia de protexer os cortes de maiores dimensións para evitar a entrada de patóxenos, aconséllase aplicar sobre eles unha pasta cun funxicida a base de cobre e días despois un tratamento para a cicatrización. Por outra banda, as cepas/plantas mortas deben ser arrincadas e retiradas da plantación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208