Martes, 30 de Septiembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 02 de Enero de 2016 Tiempo de lectura:
Provincia

Os socialistas acusan ao O PP de “instrumentalizar a Deputación para atacar o goberno de Vigo”

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, anunciou que solicitará un informe xurídico sobre a viabilidade de tratar mocións sobre cuestións locais alleas á entidade provincial

Segundo os socialistas "o PP  instrumentalizou o pleno da  Deputación de Pontevedra para atacar o goberno de Abel Caballero en Vigo, cunha moción na que solicitaba que se instase á administración municipal a adherirse ao Plan de Transporte Metropolitano da área de Vigo aprobado pola Xunta de Galicia".

 

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, amosou o seu malestar polo "uso partidista da institución provincial" e anunciou que solicitaría un "informe xurídico sobre a conveniencia de tratar cuestións de competencia municipal no pleno da administración provincial". “Este debate non se corresponde co que ten que facerse na Deputación. Gustaríame chamar á reflexión aos deputados e deputadas sobre esta cuestión, porque estes non son os modos nin o ámbito no que deben ser debatidos os temas dos concellos. Hoxe é Vigo, e mañán será unha moción instando ao Concello de Mos, ao de Moraña ou ao de calquera outro”.

 

Así, a presidenta da Deputación acusou ao grupo popular de “instrumentalizar outras institucións pola imposibilidade de facer política en Vigo, xa que non contan coa confianza dos cidadáns”. Na mesma liña, o voceiro do grupo socialista, Héctor Santos, calificou de “vergoña” unha moción que “nada ten que ver coa Deputación” e que responde a un modelo de inxerencia nas decisións dos concellos. “O que cada concello decida no uso das súas competencias é unha cuestión do propio concello. Non temos que dicirlle o que ten que facer. É como se agora nos puxeramos a debater sobre a retirada do PXOM de Mos”. Ademais, asegurou que “en Vigo non van entender esta moción, que pretende que se dirixa dende a Deputación o que só lle corresponde decidir aos vigueses e viguesas”.

 

A moción foi rexeitada por todos os grupos políticos con representación no pleno provincial, na sesión celebrada o 29 de decembro de 2015.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.