Turismo & Viajes
A Ruta da Lamprea novo produto turístico diferenciador de Galicia
![[Img #22146]](upload/img/periodico/img_22146.jpg)
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, reuniuse hoxe en Ponteareas cos alcaldes da comarca pontevedresa do Condado-A Paradanta para presentar A Ruta da Lamprea, un novo proxecto turístico que implica a sete concellos da ribeira deste río e que está previsto que xa estea dispoñible na próxima temporada de pesca.
Segundo explicou Nava Castro, con esta ruta darase a coñecer o importante patrimonio que rodea a este peixe e a súa captura, “desde as artes de pesca como as pesqueiras ou as estacadas, ata os lugares de interese natural e cultural, como miradoiros, paseos, pontes ou capelas”, entre outros elementos que a compoñen.
A directora de Turismo de Galicia considerou que, no seu conxunto, a Ruta da lamprea constitúe un importante produto turístico que virá a ampliar, non só a oferta turística destes concellos, senón tamén da Comunidade galega en xeral, a partir dun recurso endóxeno como é este peixe tan característico do curso baixo deste río.
Obras de rehabilitación das pesqueiras
Nesta xuntanza cos alcaldes do Condado-A Paradanta, Nava Castro lembrou tamén os acordos asinados entre Turismo de Galicia e os concellos de Salvaterra do Miño e Arbo, co fin de acondicionar a contorna e rehabilitar diferentes pesqueiras, de xeito que poidan recuperar a súa forma construtiva orixinal, así como o seu funcionamento e, “deste xeito, ampliar e mellorar a imaxe turística deste territorio”.
“Con elas –engadiu a directora de Turismo de Galicia- mellorouse a accesibilidade e dotouse a zona de aparellos de pesca e paneis explicativos para que o visitante poida recrear con maior facilidade e dun xeito máis fidedigno a arte da pesca tradicional da lamprea”.
A directora de Turismo de Galicia salientou que as pesqueiras do Miño presentan un legado de incalculable valor histórico, “pero tamén un elemento vivo e en uso, que achega unha dimensión cultural, económica e social á nosa Comunidade autónoma”.
Por último, a directora de Turismo de Galicia referiuse a outros elementos, como o viño e a gastronomía que se porán en valor coa posta en servizo da Ruta da Lamprea, e agradeceu a presenza dos alcaldes da comarca, xa que encontros como este, “contribúen eficazmente á cooperación interinstitucional e ao coñecemento da opinión sobre os proxectos que desenvolvemos antes de poñelos en práctica”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.148