Galicia
O CAE 112 Galicia rexistrou, ata o de agora, 73 incidencias causadas pola meteoroloxía adversa
O persoal do CAE 112 Galicia xestionou, no que vai de mañá, un total de 73 incidencias que, por mor do vento, se están a producir no litoral de Galicia. Fundamentalmente, os efectos da meteoroloxía adversa se están deixando sentir nas provincias atlánticas, onde se concentran máis do 80 por cento das intervencións. As caídas de árbores, postes da luz e teléfono, así como o desprendemento de cables son os tipos de incidencias que máis se repiten. De feito, en Catoira, varios camións quedaron parados na ponte que une a localidade pontevedresa con Rianxo (EP-8001) a causa dunha árbore caída. As condicións climáticas tamén están a dificultar a circulación pola A-8 para vehículos articulados e de gran tonelaxe. Dende esta madrugada e ata as doce do mediodía, o CAE 112 Galicia recibiu máis de 500 chamadas e os picos de maior actividade tiveron lugar entre as dez e as once desta mañá.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149