O Porriño
O Porriño acolle a exposicion de cómic galego contra a violencia de xénero
![[Img #22153]](upload/img/periodico/img_22153.jpg)
A exposición “Cartas de Amor” contra a violencia de xénero chega ao Centro Cultural do Porriño, onde poderá ser visitada ata o 10 de xaneiro. Trátase dunha mostra gráfica para sensibilizar á poboación máis nova sobre a existencia de violencia na súa forma de relacionarse, axudar a detectala e a erradicar as formas de relación violentas.
“Cartas de Amor” é unha iniciativa da Secretaría Xeral de Igualdade. Reúne unha mostra do cómic galego sobre violencia de xénero, con debuxos de artistas como Miguel Calatayud, Patricia Castelao, Fausto Isorna, Pirusca, José Luis Mendez, Jack Mircala ou Javier Olivares. Con esta selección de obras a Secretaria Xeral de Igualdade pretende motivar a reflexión sobre o paralelismo entre o mundo romántico das primeiras relacións de parella e a crueldade que, ás veces, vai asociada a elas, ante o incremento de casos de violencia verbal ou física nas relacións de parella entre adolescentes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.153