Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 31 de Diciembre de 2015 Tiempo de lectura:
O Porriño

O Campo do Pontellas de novo en uso

[Img #22156]

 

A pasada fin de semana disputáronse os primeiros encontros no campo de herba artificial do Pontellas logo dos arranxos que houbo que facer no céspede logo de que se detectaran hai seis meses importantes deficiencias no terreo de xogo.

 

O concelleiro de Vías e Obras, Manuel Carrera, lembra que “houbo que investir máis de 30.000 € logo de que ‘en contra do consello dos especialistas e dos informes dos técnicos municipais’ o anterior goberno local decidise colocar a herba sobre un chan que non estaba asentado”.

 

“Entre 2011 e 2012 fíxose unha obra de mellora do campo e deixouse a base do mesmo lista para a colocación da herba pero non se fixo: pasou un ano o chan quedou irregular e os técnicos avisaron que antes de poñer o céspede sería necesario volver a compactar e alisar, pero os anteriores responsables municipais decidiron, por razón políticas, poñer a herba”, subliña Carrera.

 

O resultado foi que o campo estaba impracticable pola aparición de  ‘fochas’ en todo o terreo. “Cando o novo goberno empezou a súa xestión, tivo que mandar retirar a herba, numerar cada tira e almacenala, sacar a area, o ‘caucho’, volver a aplanar, compactar e deixar o chan en perfecto estado antes de poñer, de novo, o céspede”.

 

Este proceso, “causado pola neglixencia e oportunidade política do  anterior alcalde e o anterior concelleiro de deportes, fixo que o campo estivese en obras de agosto a decembro, supuxo un gasto de máis de 30.000 € para os porriñeses e obrigou aos equipos do Pontellas a xogar os partidos no campo de herba natural, que necesitará tamén un arranxo e privou a ducias de deportistas a non poder dispor do seu campo”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.153

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.