Galicia
A Xunta alerta dun temporal de nivel laranxa que afectará a partir deste venres ás provincias costeiras de Galicia
![[Img #22169]](upload/img/periodico/img_22169.jpg)
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal costeiro de nivel laranxa que afectará a partir de mañá ao litoral das provincias da Coruña e Pontevedra.
Segundo as predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o temporal comezará en torno ás 6.00 horas nas zonas oeste e suroeste da provincia da Coruña e ao longo da mañá se irá estendendo cara a costa de Pontevedra e o noroeste coruñés.
Durante toda a xornada haberá mar combinada do oeste con ondas que poderán oscilar entre os 6 e 7 metros de altura, chegando temporalmente aos 8. O vento soprará do suroeste e tamén oscilará entre forza 7 e forza 8, nalgúns momentos puntuais.
Esta previsto que este temporal costeiro se manteña durante o día 2 de xaneiro, momento no que previsiblemente se extenda tamén á costa da Mariña lucense.
Nivel laranxa por vento
Doutra banda, o Goberno galego tamén alerta doutro fenómeno meteorolóxico adverso, esta vez por vento, que afectará durante o día de mañá á provincia da Coruña, á Mariña de Lugo e á zona das Rías Baixas, en Pontevedra. Os refachos de vento poderán acadar os 100 km/h e incluso superalos nas zonas máis elevadas.
Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos costeiros; ás Deputacións, servizos provinciais e bombeiros, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.
Tamén recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes; retirar os obxectos que poidan caer á rúa dende os tellados, balcóns e fiestras e evitar pasar preto de edificios en ruínas, en construción, árbores, paneis publicitarios e outras situacións de risco. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149