O Porriño
O exalcalde do Porriño, José Manuel Barros, recibirá hoxe sepultura en Mosende
![[Img #22170]](upload/img/periodico/img_22170.jpg)
O falecemento do que foi alcalde na localidade do Porriño, entre 1981 e 2003, causaba este sábado consternación na localidade. Centos de persoas achegáronse estes días ao velorio para darlle o último adeus ao que foi o seu rexedor durante 22 anos.
Entre as personalidades que acudiron á capela ardente estaban a titular de Fomento, en funcións, Ana Pastor, acompañada do secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, o exalcalde, Nelson Santos e do exdiputado, Gonzalo Ordóñez, do mesmo xeito que numerosos alcaldes e ex alcaldes de municipios do sur da provincia de Pontevedra.
Desde o Concello do Porriño decidiuse suspender todos os actos festivos en sinal de “respecto e duelo". Hoxe luns sairán varios autobuses da avenida de Galicia no Porriño con ida e volta para facilitar a asistencia aos actos fúnebres que se celebrarán na parroquia de Mosende.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129