Galicia
A CIG destaca que decembro remata cunha nova suba do desemprego
Sinalan que "máis da metade das persoas desempregadas non cobra ningún tipo de prestación"
Tras coñecerse os datos do paro dende A CIG salientan que "de novo sobe o paro en decembro en Galiza, increméntase a temporalidade, descenden as afiliacións á Seguridade Social e aumenta o risco de exclusión social. Un final de ano que non convida ao optimismo, con 3.650 persoas desempregadas máis que no mes de novembro (1,62% máis), o que dá un total de 228.808 parados/as rexistrados".
Os datos de paro rexistrado en Galiza "contrastan cos do conxunto do Estado español, onde se produciu un novo descenso e novamente nos sitúan no segundo posto, pola cola, en aumento do paro, só por detrás de Navarra" aseguran.
O secretario confederal de Emprego e Industria, Miguel Malvido, sinala que o resto dos indicadores non son mellores e chama a atención sobre o feito de que “nun contexto no que se nos repite constantemente que hai unha reactivación económica en nun mes no que tradicionalmente sobe a contratación nun sector como o de Servizos, tamén aquí houbo un incremento”.
E é que "o paro medrou en todos os sectores, incluído Servizos, pero sobre todo en Construción, onde subiu en 2.095 desempregados/as e en Industria, onde o incremento foi de 1.318 desempregos/as máis" explican.
A este respecto Malvido matiza que “se ben poderiamos considerar estacional o incremento do paro no sector da Construción, sobre todo polas condicións climatolóxicas galegas que, en todo caso, este ano non se deron, é alarmante o medre do desemprego nun sector como o de Industria”.
Lembra que “lonxe da propaganda do goberno galego o sector Industrial atravesa unha grave crise” e subliña que este é precisamente o sector con máis capacidade de crear emprego estrutural e de calidade. Atribúe esta situación ás “nefastas” políticas económicas e laborais do PP á fronte da Xunta de Galiza e exixe o inmediato deseño e posta en marcha dun Plan galego de política industrial que permita reverter esta situación.
Temporalidade
Neste sentido denuncia que só o 6,4% dos contratos asinados foron indefinidos, dun total de 68.646, o que dá idea da altísima temporalidade e precariedade do noso mercado laboral. “O número de contratos asinados, que ademais se incrementou respecto do mes de novembro, constatan a cada vez maior rotación da contratación”.
Responsabiliza desta situación á unha reforma laboral que “provocou unha perda de dereitos sen precedentes da clase traballadora, co obxectivo de pór a disposición da patronal man de obra barata” e ás políticas económicas do goberno, que abandonaron á súa sorte os sectores produtivos.
Para o secretario confederal de Emprego tamén é especialmente preocupante o descenso en 3.008 afiliacións á Seguridade Social respecto do mes de novembro, mentres que se produciu un incremento no conxunto do Estado e “gravísimo” que sigan sen se deseñar políticas sociais que permitan minimizar o risco de exclusión social dos desempregados/as que a esta altura xa non cobran ningún de prestación. Un total de 110.815, que representan o 51,8% -máis da metade- do conxunto de desempregados/as.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149