Galicia
O xeo e a neve seguen a dar problemas en diferentes puntos da rede viaria galega
Os concellos da Fonsagrada, Baleira e Becerreá, en Lugo; Vimianzo, na Coruña; e Bande, en Ourense; se suman ao municipio pontevedrés da Cañiza e ao coruñés da Laracha onde esta mañá a acumulación de xeo e neve na calzada provocou algún accidente aínda que de escasa importancia.
Ás 11:30 horas desta mañá, un condutor resultou ferido tras saírse da vía o vehículo que conducía á altura do cruce de Baíñas, en Vimianzo. Quen chamou ao 112 Galicia para informar do suceso explicou que as placas de xeo cubrían a calzada e que iso provocou que o ferido perdese o control do turismo que conducía. O persoal do 112 Galicia solicitou a colaboración de Urxencias Médicas e da Garda Civil de Tráfico. Ademais, outros condutores quedaron parados en diferentes puntos da rede viaria lucense, precisamente, pola acumulación de neve e a formación de placas de xeo.
Así, na Fonsagrada, no Alto de Acevo; no Alto da Vacariza, en Baleira; e no lugar de Fontarón, en Becerreá; houbo persoas que se viron obrigadas a deter os seus vehículos e agardar a que os equipos de limpeza das estradas liberasen a vía.
Se esta mañá a neve e o xeo dificultaron a circulación pola A-52, á altura da Cañiza, ás 9:20 horas desta mañá, outro condutor informou ao persoal do 112 Galicia da presenza de xeo na AG-57, en dirección Baiona. Tamén, en Bande, en Ourense, na estrada que une a localidade con Xinzo, a neve impedía avanzar aos vehículos que por alí pasaban, segundo explicou un condutor.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149