Miércoles, 01 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 07 de Enero de 2016 Tiempo de lectura:
Provincia

Deputación de Pontevedra organiza en xaneiro vinte obradoiros sobre novas tecnoloxías para autónomos e pemes

A través do Centro Provincial de Asesoramento Empresarial CPAE 2.0, a Deputación asesora a autónomos e pemes da provincia e impulsa o emprego das tecnoloxías para innovar e aumentar a produtividade

[Img #22215]

 

A Deputación de Pontevedra, a través do  CPAE 2.0, rede de centros atendidos por técnicos especializados en novas tecnoloxías,  presta un servizo de información a autónomos e pemes da provincia de Pontevedra e oferta unha serie de actuacións para potenciar o desenvolvemento económico da provincia a través das tecnoloxías, aumentar a produtividade, introducir a innovación dos procesos produtivos e servizos, facilitar a implantación do comercio electrónico e crear un novo canle de venda online de produtos e servizos.

 

Para acadar os seus obxectivos, o CPAE 2.0 oferta ós seus destinatarios, é dicir, a un colectivo integrado por 64.000 autónomos e pemes da provincia de Pontevedra que constitúe o 92% do tecido empresarial da mesma, unha serie de eventos informativos nos seus seis centros en Lalín, Cambados, Pontevedra, Vigo, Ponteareas e O Porriño.

 

En concreto, a Deputación organiza vinte obradoiros sobre novas tecnoloxías para este mes de xaneiro. Así, se impartirá un curso titulado “Elixe a túa plataforma de comercio electrónico” (en O Porriño o 8 de xaneiro, Cambados o 9, Ponteareas o 13, Lalín o 18,Vigo o 22 e Pontevedra o 27 de xaneiro), “Desenvolve a túa propia estratexia de e-mail marketing” (en Cambados o 12 de xaneiro), “Aplicacións da tecnoloxía dron para o sector vitivinícola e forestal” (en Cambados o 13 de xaneiro e Lalín o 28), “Vende os teus produtos de alimentación sen intermediarios” (en Cambados o 19 de xaneiro, Lalín o 26 e Ponteareas o 25 de xaneiro), “Imos chamar á porta dos teus clientes, posicionamento SEO” (en Cambados o 21 de xaneiro), “Edición de fotografía para plataformas e-commerce (Amazon, Ebay e Etsy) (en O Porriño o 11 de xaneiro, Lalín o 13, Vigo o 19, Pontevedra o 21, Cambados o 25 e Ponteareas o 29 de xaneiro), “Google Analytics: Interpretación dos datos e toma de decisións” (en Cambados o 27 de xaneiro), “Comercio electrónico para PEMES (prestashop)” (en Lalín o 7 de xaneiro), “As últimas aplicacións para o sector agrario e gandeiro” (en Lalín o 11 de xaneiro), “Facebook Ads” (en Ponteareas o 7 de xaneiro, Lalín o 23 e Vigo o 25 de xaneiro), “Cómo mellorar a percepción dos teus clientes cós teus emails” (en O Porriño o 16 de xaneiro), “Google Analytics: Iniciación á analitica web” (en Vigo o 8 de xaneiro, Ponteareas o 18 e O Porriño o 19 de xaneiro), “Seguridade da información: protexe o teu smartphone” (en Pontevedra o 15 de xaneiro, O Porriño o 21 e en Vigo o 27 de xaneiro), “Unifica a xestión das túas redes con hootsuite e outras ferramentas” (en O Porriño o 26 de xaneiro), “Cómo facer unha exitosa campaña de publicidade en Google, Google adwords” (en O Porriño o 29 de xaneiro), “A túa páxina web en menos de 90 minutos” (en Vigo o 13 de xaneiro e Ponteareas o 14), “A túa información sempre a man, almacenamento na nube” (Ponteareas o 23 de xaneiro e Pontevedra o 26), “Rentabiliza o teu perfil profesional aumentando seguidores” (9 de xaneiro en Pontevedra e 16 en Vigo), “Como empregar Google e Google Apps for Business” (12 de xaneiro en Pontevedra) e “Bótalle partido á túa conta de Gmail” (22 de xaneiro en Pontevedra).

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.