GALICIA
O 112 mobilizou aos recursos de Emerxencias en 334.472 ocasións para resolver 201.610 incidencias en 2015
O CAE 112 recibiu máis dun millón de chamadas, das cales preto dun 20 por cento precisaron da asistencia sanitaria e da intervención das forzas da orde e dos servizos de rescate e extinción de incendios.
![[Img #22267]](upload/img/periodico/img_22267.jpg)
O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, acompañado do xerente da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), Juan José Muñoz, presentaron esta semana en rolda de prensa o balance do ano pasado da actividade do CAE 112 Galicia, no que mobilizaron aos recursos de emerxencias en 334.472 ocasións para resolver un total de 201.610 incidencias.
Segundo foi relatando o xerente, un total de 1.083.772 de chamadas foron atendidas no CAE 112 Galicia o pasado exercicio, e o 18 por cento derivaron en situacións de urxencia que precisaron, na maior parte dos casos, da asistencia sanitaria e da intervención das forzas da orde e dos servizos de rescate e extinción de incendios, isto é, bombeiros, grupos supramunicipais de emerxencias (GES) e axentes de Protección Civil.
Así, o 47 por cento das intervencións estiveron relacionadas con incendios urbanos e industriais, rescates, fugas de gas, derrames e verteduras de substancias, recollida de animais e a activación de plans especiais de protección civil; o 29 por cento coa atención sanitaria; o 14 por cento coa seguridade cidadá e o 9 por cento restante con accidentes en estradas, laborais, ferroviarios e marítimos.
Arredor de 6.500 persoas teñen descargada a aplicación de emerxencias “Alpify” en Galicia, posta en marcha o pasado mes de decembro
Os concellos da franxa atlántica, especialmente os das áreas metropolitanas de Vigo e A Coruña, son os que concentraron o maior número de incidencias. As provincias da Coruña e Pontevedra suman o 73 por cento, mentres que Lugo e Ourense supoñen só o 24.
6.500 usuarios de “Alpify” en Galicia
O xerente da Axega destacou que ata o de agora, hai rexistrados un total de 6.561 usuarios de “Alpify” na nosa Comunidade, que xa atendeu en menos dun mes, máis de tres millóns de xeoposicións, o que amosa, segundo Juan José Muñoz que a cidadanía comeza a familiarizarse cun recurso pensado para reforzar a seguridade de quen se despraza por Galicia, en especial, por zonas illadas e montañosas.
A AXEGA renova a web do 112 Galicia
Ademais da aplicación de emerxencias, dentro do seu proceso de mellora continua, a AXEGA renova a web do 112 Galicia, que, grazas á incorporación de novas técnicas, mellorará a experiencia de navegación dos usuarios. Durante o 2015, o portal web do Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia recibiu preto de 650.000 visitas. O mapa de incidencias e os boletíns informativos seguen a ser os apartados máis vistos.
Máis de 200 persoas xordas adheridas ao servizo
Dende que botou a andar a aplicación do CAE 112 Galicia para a atención de persoas con dispacidade auditiva e/ou da fala, a finais do ano 2013, un total de 204 usuarios se adheriron ao servizo. Ademais das probas que periodicamente se realizan para comprobar o correcto funcionamento da aplicación, no ano 2015, o persoal do CAE 112 Galicia xestionou 17 emerxencias reais que afectaron directa ou indirectamente a persoas xordas.
A AXEGA renova a páxina web do 112 Galicia co obxectivo de ter unha navegación máis moderna e funcional
Control da calidade do servizo
O CAE 112 Galicia conta cun sistema de control e xestión da calidade do servizo. Ademais de estar certificado pola Norma ISO 9001:2008, o pasado mes de abril de 2015 foi outorgada ó CAE 112 Galicia unha nova certificación de calidade promovida pola Asociación Europea de Números de Emerxencia (EENA).
174 simulacros
A Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) traballa nas formas de atallar e anticiparse aos riscos potenciais. A través do 112 Galicia, se ofrece, ao organismo que o solicite, a cobertura e a coordinación dos recursos de emerxencias intervenientes nun simulacro. En 2015, o 112 colaborou en 174 ocasións.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149