PROVINCIA
O certame fotográfico "Obxectivo Pontevedra" amplía o prazo de participación ata o vindeiro domingo
As persoas participantes terán de prazo máximo ata o día 10, ás 14:00 horas, para entregar as fotografías en formato dixital.
"Obxectivo Pontevedra" amplía o prazo de inscrición e participación ata o domingo día 10, ás 14:00 horas, momento no que se pechará a recepción de fotografías. O certame está aberto á cidadanía en xeral, sen límite de idade, que deberá localizar cinco espazos da zona histórica de Pontevedra retratados polos debuxantes da Sociedad Arqueológica de Pontevedra e fotografar eses lugares tratando de reproducir o máis fielmente posible o encadramento do debuxo orixinal.
Para poder participar no concurso as persoas interesadas deben achegarse ata o Sexto Edificio, no horario de apertura ao público do Museo, para inscribirse e recoller unha copia dos debuxos que terán que localizar e fotografar; unha vez feitas as fotografías deben volver ao Sexto Edificio para entregar unha copia destas en formato dixital. Só por participar, todas as persoas recibirán no momento da entrega das fotos unha publicación do Museo de Pontevedra a modo de agasallo.
Con todas as fotografías presentadas un xurado, composto por persoal do Museo, elixirá as tres mellores series fotográficas, que serán premiadas cunha exposición temporal na área de cristal do Sexto Edificio. Ademais, ás autoras e aos autores destas tres series fotográficas tamén se lles entregará unha selección de publicacións que poderán elixir entre a oferta editorial do Museo de Pontevedra. Estes tres gañadores e gañadoras daranse a coñecer un mes despois, o sábado 30 de xaneiro de 2016, coincidindo coa data da celebración da primeira sesión do Padroado do Museo, na que estivo presente Castelao, artista a quen a Real Academia Galega de Belas Artes dedica o ano 2016.
As persoas que desexen máis información poden dirixirse ao teléfono 986 804 100, extensión 42413, ou ao enderezo de correo-e: gabinetedidactico.museo@depo.es, en horario de luns a venres, de 8:00 a 14:30 horas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121