Domingo, 18 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 11 de Enero de 2016 Tiempo de lectura:
Ponteareas

ACIP lamenta que “o Goberno local antepoña os intereses da Deputación á Escola Infantil”

O portavoz de ACIP, Juan Carlos González Carrera, lamentou que o Goberno Local de Ponteareas “antepoña os intereses da Deputación de Pontevedra, á construción da nova escola infantil que Ponteareas vén demandando dende hai tempo”.

 

González Carrera fixo estas afirmacións logo de que no último Pleno da Corporación, o grupo de Goberno “votase en contra dunha moción dos independentes nas que se pedía que a Deputación Provincial, ante as dificultades económicas do Concello, achegase os cartos que tiña que poñer a administración local para a posta en marcha da nova escola infantil”.

 

O convenio inicial, aprobado no ano 2014, sinalaba que a Xunta de Galicia “achegaría o 60 por cento do financiamento necesario para a construción da escola infantil; a Deputación de Pontevedra,  poñería un 20% e o Concello de Ponteareas, o 20% restante”.

 

Lembra porén ACIP, que o Concello de Ponteareas leva asumindo “dende hai moitos anos, servizos que non lle corresponden”, polo que se debería solicitar a modificación do anterior convenio “e que sexa a Deputación de Pontevedra a que achegue o 40% do diñeiro necesario para a construción, excluíndo ao Concello de pagar cantidade algunha”.

 

Amais, o portavoz de ACIP considera que, se a nova escola infantil, entra a formar parte da Rede de Escolas da Xunta de Galicia, “o Concello tan só debería asumir o costo dos nenos e nenas do noso municipio”.

 

En todo caso, non deixa de “estrañarlle” González Carrera, o feito de que “na lexislatura pasada os grupos que agora forman o Goberno local, insistiran unha e outra vez sobre o 'prioritaria' que era a escola infantil municipal” e agora, unha vez que están no Goberno, afirma o portavoz de ACIP “esquécense de tal prioridade cando o certo é que a situación segue a ser a mesma: nais e pais engrosando a lista de espera da actual escola infantil por falta material de prazas”.

 

Juan Carlos González Carrera afirma que “parece estar claro que se trataba de pedir e esixir cando se estaba na oposición e cando a Diputación tiña unha cor política distinta a súa”. Unha vez que se chega ao Goberno, engade o portavoz de ACIP, “e a Deputación está cogobernada polo seu partido, cambian as prioridades e supedítanse os intereses dos veciños e veciñas aos intereses partidistas”.

 

ACIP, afirma o seu portavoz, “seguirá facendo o mesmo que fixo dende os seus comezos, poñer os intereses da veciñanza por enriba de todo o demáis”. Son os veciños e veciñas “os que nos puxeron onde estamos para que defendamos os seus dereitos, e iso faremos sexa quen sexa o que goberne na provincia ou en Galicia”, conclúe González Carrera.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.