GALICIA
Unha delegación da asociación portuguesa Ajasul coñecerá mañá as instalacións e funcionamento da Central Agropecuaria de Galicia ABANCA
Este colectivo de agricultores está interesado na posible aplicación da súa estrutura e sistema ás instalacións que proxectan construír en Évora.
![[Img #22318]](upload/img/periodico/img_22318.jpg)
A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA recibirá mañá a visita dunha delegación de Ajasul, asociación portuguesa de xóvenes agricultores radicada na cidade de Évora, situada na rexión do Alentejo, no sur de Portugal.
O obxectivo da súa visita é coñecer tanto as instalacións como o funcionamento da puxa de gando bovino da Central, a cal ostenta a singularidade de ser a única informatizada de España, de cara a deseñar as novas instalacións que a asociación ten proxectado construír a medio prazo para a súa puxa semanal de gando bovino en Évora.
ACUDIRÁ UN GRUPO DE CATRO PERSOAS DO QUE FORMARÁN PARTE DOUS MEMBROS DA ASOCIACIÓN, UN REPRESENTANTE DO MERCADO REXIONAL DO ALENTEJO E OUTRO DO CONCELLO DE ÉVORA
A delegación de Ajasul estará composta por dous membros da asociación, un representante do Mercado Rexional do Alentejo e outro do Concello de Évora, o que suporá un grupo de catro persoas. Durante a súa estancia estes visitarán as distintas naves da Central, a zona de Administración e a Sala de Puxas, lugares nos que coñecerán o proceso que se segue cada martes nas puxas da Central.
Colaboración de Ajasul
Por outra banda, Ajasul colaborará coa Fundación Semana Verde de Galicia na difusión entre os seus asociados de información da Central Agropecuaria de Galicia ABANCA e tamén dos eventos da entidade centrados no sector agropecuario. Así mesmo, incluirá esta información na súa páxina web.
Ajasul, que conta con cerca de 500 socios centrados na súa maioría na rexión do Alentejo Central, no sur de Portugal, ten como orixe a JAP (Jóvenes Agricultores Portugueses), fundada en xaneiro de 1980 como a primeira organización de xóvenes agricultores surxida en Portugal.
A Central Agropecuaria, referente
A puxa de gando bovino da Central Agropecuaria de Galicia ABANCA, a única informatizada de España, é un referente neste sentido a nivel nacional, pero, como demostra esta visita, tamén no país veciño.
Este mercado conta cun modelo de comercialización baseado no sistema de puxa pública que evita o regateo e permite que ambas partes establezan as súas mellores condicións económicas para que as transaccións se leven a cabo de forma transparente e eficiente. Con este sistema a maximización de prezos está garantida.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149