Mos
Mos promove hábitos de vida saudables entre os alumnos de 4º de Primaria
O obxectivo desta actividade é previr aqueles factores que incrementan a probabilidade de que se produza un trastorno alimentario
![[Img #22337]](upload/img/periodico/img_22337.jpg)
A concellería de Educación e Participación Cidadá, dirixida pola edil Kely Monzón, organiza, a partires de hoxe, unhas xornadas para que os nenos e nenas de 4º curso de Educación Primaria dos colexios de Atín-Cela, Mestre Martínez Alonso (Castro-Mos), e Mestre Valverde Maio (Sanguiñeda), adquiran hábitos de vida saudables.
O obxectivo desta actividade, co nome de “Visita ó teu súper”, é previr, a través da educación, aqueles factores, como a desinformación ou as nocións erróneas sobre a alimentación, que incrementan a probabilidade de que se produza un trastorno alimentario.
Estas xornadas, que deron comezo o hoxe e finalizarán o 27 de xaneiro, están divididas en dúas fases. A primeira é un cuestionario sobre os hábitos alimenticios nos almorzos, que terá que cubrir o alumnado, para detectar carencias alimentarias; e posteriormente, unha sesión formativa formada por: unha charla no propio centro, na que se ofrece información básica sobre alimentación, consumo e dereitos dos consumidores, e unha visita ás instalacións do Eroski, situado na parroquia de Sanguiñeda, para remarcar a formación ofrecida.
Dende a concellería consideran que deste modo, coa interacción e cooperación entre profesorado, alumnado, familias, e a entidade colaboradora, poderase contribuír a que os cativos adquiran estilos de vida saudables e fortalezan comportamentos responsables.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101