Miércoles, 01 de Octubre de 2025

Xornal21
Lunes, 18 de Enero de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Javier Coronas volve a Vigo para celebrar a segunda gala solidaria ‘Non te esquezas de rir’

O domingo, 24 de xaneiro, o Auditorio do Teatro Afundación acollerá o espectáculo solidario ‘Non te esquezas de rir’, organizado por Afaga.

[Img #22347]A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia, Afaga, organizou o espectáculo benéfico de monólogos ‘Non te esquezas de rir’. A cita será o domingo 24 de xaneiro no Auditorio do Teatro Afundación, ás 19:00 horas.


Javier Coronas será novamente o mestre de cerimonias deste divertido espectáculo que contará coas actuacións de David Broncano, Quequé e Oswaldo Digón. Todos veñen coa intención de facernos pasar un bo intre, á vez que nos solidarizamos coas persoas que padecen enfermidades neurodegenerativas e cos seus familiares. A recadación destinarase á posta en marcha de novos programas dirixidos a persoas afectadas por Alzheimer e aos coidadores/as.

 

De forma gratuita e desinteresada, os humoristas colaboran por segundo ano consecutivo coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia

 


Un gran xesto destes profesionais que se envorcaron con esta iniciativa que ten como obxectivo principal, ademais de facernos pasar unha divertida tarde, apoiar a un colectivo que aumenta en número cada ano, posto que as cifras de afectados por Alzheimer crecen progresivamente. Trátase dunha enfermidade progresiva e discapacitante, polo que enfermos e coidadores enfróntanse a situacións moi complicadas no seu día a día, a medida que a enfermidade avanza, e por iso necesitan todo o apoio que podamos darlles.


As entradas só custan 12 euros e véndense en Servinova, a Central de Espectáculos de Vigo e o Centro de Atención Integral de Afaga, situado en Martínez Garrido, 21. Interior.


‘Non te esquezas de rir’, será o 24 de xaneiro no Auditorio do Teatro Afundación, Marqués de Valladares s/n. Hora: 19:00. Custo das entradas: 12 euros anticipada, 15 euros en taquilla.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.