O Porriño
A alcaldesa ordena a realización das reparacións urxentes do CEIP Plurilingüe de Atios
![[Img #22352]](upload/img/periodico/img_22352.jpg)
A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, xunto coas concelleiras Lourdes Moure e Soledad Girón, fixo unha visita o CEIP Plurilingüe de Atios para coñecer en persoas necesidades deste centro educativo no que cursan os seus estudos un total de 210 rapazas e rapaces de infantil e Primaria.
O director do colexio fixo unha descrición polo miúdo dos proxectos que está a desenrolar o mesmo e sinalou a importancia de acometer distintas reparacións nas instalacións, algunhas de máxima urxencia, como a colocación dun valado de protección na área de recreo dos pequenos de Educación Infantil.
Eva García de la Torre comprometeuse a acometer esta mesma semana a obra de xeito que estea rematada nos vindeiros días. O concello, asegurou a alcaldesa, tamén arranxará os desperfectos causados nos vestiarios por un incendio e polos problemas causados por unha fuga de auga na zona das duchas, que é a causa da caída de varios paneis do teito. Os técnicos municipais examinarán o remate da parte superior do ximnasio, parte da cal que se retirara os para gañar preto de medio metro de altura e para evitar os efectos da condensación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.14