Lunes, 06 de Octubre de 2025

Xornal21
Jueves, 14 de Enero de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Unha vintena de empresas interesanse polo concurso do proxecto de musealización dos xacementos castrexos da Provincia

Técnicos da Deputación e das empresas fixeron o día 13 un percorrido por Monte Castro, A Lanzada e Agro Vello.

[Img #22358]

 

Case unha vintena de empresas participaron o mércores 13 nun percorrido por tres xacementos castrexos da provincia coa que pretendese darlles información "in situ" sobre o concurso para o proxecto de musealización de 18 xacementos. En concreto máis dunha vintena de persoas en representación dunha cifra similar de empresas percorreron, xunto con técnicos da Deputación, os xacementos de Monte Castro, A Lanzada e Agro Vello.


Esta visita, xunto a que se fará o día 15 ao castro de Santa Tegra, estaba contemplada no concurso público convocado polo Ministerio de Fomento para o proxecto de ideas das obras de restauración e musealización dos 18 xacementos galaico-romans da provincia. Este concurso, dotado de 266.000 euros, publicado no Boletín Oficial do Estado o pasado 22 de decembro, ten como finalidade a idea global e a descrición das actuacións necesarias para a recuperación e valorización do conxunto dos xacementos castrexos como unha estratexia de promoción turística provincial e educativa.


Estes 18 xacementos son os contemplados no convenio firmado pola Deputación de Pontevedra e o Ministerio de Fomento o pasado ano 2015 para a súa escavación e recuperación.


En concreto, trátase dos castros de San Tegra (A Guarda); Alobre (Vilagarcía); Facho de Donón (Cangas); A Lanzada (Sanxenxo); Porta de Arcos (Rodeiro); Mercado dos Mouros (Valga); Igrexa Vella (Valga); Monte do Castro (Ribadumia); Adro Vello ( O Grove); Castro de Troña (Ponteareas); A Cabeziña (Oia); Castrolandín (Cuntis); Alto da Cruz do Castro (Cotobade); Catro de Subidá (Marín); Castro de Toiriz (Silleda); Coto de Altamira (As Neves); Alto dos Cubos (Tui) e Castro de Penalba (Campo Lameiro).


Agora as empresas interesadas teñen de prazo ate o próximo día 11 de febreiro para a presentación de ofertas que deben contemplar aspectos como a limpeza, o mantenemento e conservacións das estruturas  dos castros, a señalización dos xacementos, a difusión e a promoción coa creación dunha ruta cun marcado carácter lúdico e educativo, e a musealización e a dixitalización  cunha recreación en 3D de todo o espazo dos xacementos.


En total, el proxecto posterior de obras de restauración e musealización, ten un orzamento estimado de máis de catro millóns de euros o que supón un orzamento de execución material por castro de 156.000 euros.
O concurso de ideas para o proxecto de musealización ten como data de presentación o próximo día 11 de febreiro ante a Dirección Xeral de Arquitectura, Vivenda e Solo do Ministerio de Fomento.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.