PONTEAREAS
O Concello de Ponteareas arranca o ano 2016 sen presuposto
Nen o Concelleiro de Facenda, nen o Alcalde, dan explicacións de porqué despois de 7 meses este Concello segue sen presuposto e acaban de prorrogar o do ano 2010.
![[Img #22368]](upload/img/periodico/img_22368.jpg)
O PP critica o Goberno actual porque "despois de varios meses ó fronte do Concello e despois de haber anunciado a bombo e platillo un novo presuposto co que ían iniciar o ano 2016, a realidade é ben diferente e no Concello de Ponteareas empézase un novo ano prorrogando o presuposto do ano 2010" explican.
Para o PP "o Sr Floreal, concelleiro de facenda, quince días despois de comezar un novo exercicio económico non presentou nin tan sequera un 'simple' borrador de presuposto ante os concelleiros da Corporación municipal, e iso a pesares de que o Sr Represas leva dende principios do mes de novembro falando do reparto entre as diferentes áreas ás que destinarán os fondos municipais".
Segundo o portavoz do PP, "se realmente o goberno quere presentar un presuposto para este ano 2016 deberían deixarse de facer 'anuncios' nos medios de comunicación con información errónea que trasladan a cidadanía e que non é mais que fruto do descoñecemento dos datos económico-financeiros deste Concello. O primeiro que deberían facer, en aras desa transparencia que pregonan, é colgar na páxina web as Contas do ano 2014, que son as últimas aprobadas, e as tres liquidacións que están enviadas ó Ministerio durante este ano 2015, e así os veciños podrían comprobar cales son os datos reais".
Dende o PP engaden que "logo de facer públicos os datos mais relevantes do Concello, o Goberno debería reunirse con todos os grupos da oposición para presentarlles un borrador das diferentes partidas que pretenden incluir no presuposto se realmente buscan consenso como 'predican' xa que non debe esquecer o Sr Represas que son un goberno que está en minoría e que non representa a maioría dos veciños de Ponteareas, polo que se queren xestionar para todos os veciños como dín, deben recoller as propostas que fagan todos os concelleiros da Corporación municipal".
Solla, portavoz do grupo municipal do partido popular, pídelle a este Goberno, que "sexan claros e que deixen de improvisar, e que si realmente queren contar coas aportacións de todos os grupos políticos deben facelos partícipes, sen esquecer que este Concello debe cumplir cun Plan de Axuste".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149