Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Xornal21
Viernes, 15 de Enero de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Porriño aumenta a acción de loita contra a desigualdade e a violencia de xénero

[Img #22369]

 

O Centro de Información á Muller (CIM) do Concello do Porriño segue a ser un punto de referencia para moitas veciñas que nun número superior ás 15.000 -dende o ano 2000 cando empezou o seu traballo- acudiron ao mesmo para recibir axuda e asistencia psicolóxica e xurídica.

 

En 2015, o CIM prestou apoio xurídico a 250 mulleres e deu atención psicolóxica a 199, delas a 139 vítimas da violencia de xénero as que, ademais, o Centro de Información incluíu en distintas actividades e iniciativas dirixidas a aquelas en situación de especial vulneralibidade co obxecto de potenciar as súas fortalezas e seguridade nelas mesmas.

 

Segundo subliña a concelleira de Benestar e Igualdade, Soledad Girón, este 2016 “son moitos os proxectos que imos a poñer en marcha para poñer en valor o principio de igualdade e a necesidade de sensibilizar aos veciños do Porriño da necesidade de acabar coa discriminación por mor de sexo”. Ademáis “redobraremos os esforzos para axudar na prevención e erradicación da violencia contra as mulleres”.

 

Precisamente, este xoves, día 14, no IES Pino Manso e tamén o día 22 no IES Ribeira do Louro empezan a impartirse charlas informativas. Este ano están programados  varios talleres que terán como obxectivos a Autodefensa Persoal, Mellora da Comunicación e Mellora da Comunicación, e Plans de Igualdade. Os mesmos complementaranse con acción con alumnas e alumnos de colexios e institutos, que coñecerán o Plan de Igualdade de Oportunidades. “Todas as accións que se emprendan teñen que acadar a igualdade de trato e subliñar a inxustiza e a intolerancia que supón a discriminación por razón de sexo”, indica a concelleria.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.14

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.