SALVATERRA DO MIÑO
Salvaterra abre o prazo de inscrición para o Enterro da Lamprea
Os premios para as comparsas van dos 100 aos 150 euros, segundo número de participantes.
![[Img #22411]](upload/img/periodico/img_22411.jpg)
O Desfile de Comparsas e Carrozas do Enterro da Lamprea do Entroido 2016, que terá lugar o sábado 13 de febreiro, ás 18.00 horas ten aberto o prazo de inscrición ata o día 2 de febreiro. A inscrición farase na Casa do Concello en horario de luns a venres de 9.00 a 14.00 e os sábados de 9.00 a 13.00 horas. Tamén os partipantes poden recoller as bases da convocatoria, onde figura a documentación que teñen que presentar ou consultala na páxina do Concello
Os premios por participación de comparsas son de 150 euros para as integradas por máis de 50 participantes e 100 euros para as de entre 20 e 50 participantes.
As carrozas, segundo o número de participantes e cunha lonxitude mínima de 5 metros, poden conseguir premios de entre 200 e 600 euros
As carrozas tamén van ser premiadas segundo o número de participantes. Así de 25 a 50 recibirán 200 euros; as de 50 a 100, 400 euros; e as de máis de 100 participantes, 600 euros.
Ademáis dun mínimo de 25 participantes as carrozas que concursen cómpre que teñan unha lonxitude mínima de 5 metros de longo. Tanto as comparsas como as carrozas, segundo as bases do concurso, deberán “gardar unha unidade temática tanto no seu vestiario como na súa actuación”. As bases do concurso rexeitarán aquelas carrozas ou comparsas que “repitan, no sustancial”, o disfrace de anos anteriores.
A saída do desfile de Comparsas e Carrozas do Enterro da Lamprea do Entroido 2016 é dende a rúa Rosalía e descorre o desfile pola rúa Castelao, Fonte da Vila, Dona Urraca e praza do Concello.
Segundo as bases do concurso, deberán “gardar unha unidade temática tanto no seu vestiario como na súa actuación”
A concelleira de Cultura, Marta Valcárcel, anima a participar a tódolos veciños, especialmente aos nenos e nenas de Salvaterra e de outras localidades. “O Enterro da Lamprea é un defile de entroido xa consolidado na nosa vila que atrae pola súa singularidade no sábado de Entroido a moita xente”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136