Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 20 de Enero de 2016 Tiempo de lectura:
TUI

O Concello de Tui investirá preto de 500 mil euros en diversas obras ao abeiro do Plan de Obras e Servizos da Deputación

Melloras na pavimentación, sinalización e un parque infantil son algúns proxectos a executar. Parte deles comezarán de xeito inmediato.

O Concello de Tui anuncia que de xeito inmediato comezarán as obras dos proxectos aprobados ao abeiro do Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación de Pontevedra de 2015 que suporán en conxunto un investimento de máis de 476 mil euros.


Así por unha banda vaise acondicionar un parque infantil no Montiño en Rebordáns cun importe de 26.494,86 euros.


En canto a pavimentacións no rural investiranse 52.744,66 euros para a mellora da pavimentación no lugar de Estrada, Randufe, 46.506,63 euros no lugar da Devesa en Rebordáns, 28.897,98 euros en  Outeiro, tamén en Randufe, 30.267,62 euros no acceso ao Monte das Penizas dende o Rapadouro, en Paramos, 37.345,62 euros para investir en melloras no lugar de Fonteseca, en Pexegueiro.


Por outra parte tamén de xeito inmediato o Concello de Tui comezará a construír un muro de contención no entorno das Instalacións Deportivas Álvarez Durán, paso previo para a colocación dun novo céspede, co que en conxunto se investirán 120 mil euros. Outros 105 mil euros deste plan provincial serán destinados á sinalización das parroquias e lugares no termo municipal.


Amais grazas ás baixas da adxudicación de obras da Deputación disporase de 29 mil euros para beirarrúas na Gándara en Guillarei, para  o pintado de rúas no casco urbano, o asfaltado e pintado do arranxo da rotonda en Guillarei dirección Caldelas. 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.