Viernes, 16 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 18 de Enero de 2016 Tiempo de lectura:
Salceda de Caselas

Veciños de Salceda asisten á charla informativa do PXOM organizada polo PSOE

A portavoz socialista quere recalcar, que “en ningún momento isto paraliza o proceso do Plan Xeral e que é perfectamente legal, do contrario non se estaría levando a cabo”.

[Img #22434]

 

A Executiva Local do PSdeG-PSOE de Salceda de Caselas, quixo agradecer “a asistencia e a atención prestada polas preto de 200 persoas” que se achegaron á charla celebrada o sábado día 16.

 

Dende a executiva emitiron un comunicado no que piden “desculpas pola incomodade que supuxo para algunha xente a falta de aforo, provocando que un gran número de persoas tiveran que estar fóra da sala”.

 

Tamén se desculpan “pola imposibilidade de poder atender persoalmente a todos os asistentes”, e lembran que se poñen “a disposición dos veciños e veciñas para calquera consulta que queiran realizar de maneira máis personalizada ou para demandar calquera tipo de axuda ou colaboración”. Para iso, teñen a sede do partido aberta ós xoves de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas. Por outra banda, poñen a disposición o correo electrónico opsoeescoita@hotmail.com, ademais da posibilidade de contactar directamente con calquera membro da executiva para concertar unha cita.

 

A portavoz socialista quere recalcar, que “en ningún momento isto paraliza o proceso do Plan Xeral e que é perfectamente legal, do contrario non se estaría levando a cabo”. Como subliñou na reunión o grupo municipal socialista entende que “o PXOM é necesario e bo para Salceda, pero é necesario e bo, sempre que se faga coas máximas garantías de información, participación e transparencia, é dicir que se faga ben”.

 

“O apoio que recibimos, indícanos que estamos en bo camiño, os cidadáns demandan da política máis participación e transparencia, e seguiremos traballando nesta liña, para adaptar a política á demanda dos veciños e veciñas”, subliña Verónica Tourón.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.