Mos
GañaMos e Partido Popular esixen cunha moción que Mos "teña o lugar que lle corresponde" na Área Metropolitana
Aprobouse por maioría contando co voto favorable de GañaMos e Partido Popular e o voto en contra de BNG e Partido Socialista
![[Img #22445]](upload/img/periodico/img_22445.jpg)
Os grupos municipais GañaMos e PP presentaron no Pleno extraordinario celebrado este venres 15 unha moción conxunta para manifestar o seu pesar coa demora incomprensible na formación da Área Metropolitana de Vigo.
Dita moción aprobouse por maioría contando co voto favorable de GañaMos e Partido Popular e o voto en contra de BNG e Partido Socialista.
Na moción aprobada ínstase a que os desacordos existentes entre as institucións implicadas, non impidan que se poña definitivamente en marcha un proxecto como a Área Metropolitana, con todo o que elo suporía en beneficios para a prestación de servizos ós cidadáns do Concello de Mos.
Deste xeito o voceiro de GañaMos, Francisco Troitiño, e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, declararon unánimemente que “queremos así reclamar que de unha vez por todas se dé impulso a esta nova realidade administrativa e que na súa creación non sexa impedimento a participación das diferentes institucións implicadas. Que polo tanto se impoñan os intereses dos cidadáns por enriba de todo e se deixen a un lado os intereses políticos particulares”.
Os acordos acadados na moción son manifestar a necesidade urxente da posta en marcha da da Área Metropolitana de Vigo, e que calquera modificación da lei 4/2012, de 12 de abril, debe incluir: unha representación equilibrada do Concello de Mos nos órganos de goberno da Área Metropolitana, e un sistema de votación que garanta que os acordos sexan tomados por amplos consensos; un sistema de financiación dos gastos ordinarios da Área Metropolitana que garanta que as aportacións económicas dos Concellos será proporcional ao seu numero de habitantes; e a integración e coordinación na Área Metropolitana do transporte metropolitano, que deberá incluir o transporte urbano de Vigo (Vitrasa), garantindo que todos os cidadáns da Área Metropolitana poidan acceder ao mesmo en condicións de igualdade. Tamén se acorda dar traslado do aprobado á Xunta de Galicia, aos grupos políticos con representación no Parlamento de Galicia e aos Concellos que actualmente compoñen a Área Metropolitana de Vigo.
Dende o Concello de Mos considérase que isto é imprescidible para que a Área Metropolitana de Vigo sexa en pouco tempo unha realidade e sexa a solución para a mellora da coordinación na prestación dos servizos públicos, especialmente no transporte público. Sendo esta cuestión de especial interés para os veciños do Concello de Mos.
Os representantes municipais esperan que esta moción sirva como chamamento a fin de evitar maiores retrasos na posta en marcha da Área Metropolitana de Vigo, entendendo que a integración do Concello de Mos implicará o logro dunha maior eficacia e eficiencia na prestación dos servizos públicos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180