Jueves, 15 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 19 de Enero de 2016 Tiempo de lectura:
Mos

Mozos mosenses disfrutarán dunha fin de semana branca en Leitariegos

Está programada para os días 19, 20 e 21 de febreiro como proposta de ocio saudable

[Img #22456]

 

A concellería mosense de Participación Cidadá que dirixe a edil Kely Monzón organiza, outro ano máis, unha excursión de fin de semana á neve na estación de Leitariegos (León), promovendo así posibilidades de ocio saudable entre a mocidade.

 

Esta excursión está programada para os días 19, 20 e 21 de febreiro. A saída da excursión será dende o Concello ás 17:00 horas da tarde con dirección a Leitariegos.

 

Os días 20 e 21 de febreiro, tralo almorzo e para aqueles que o soliciten, terá lugar un curso de esquí impartido pola escola de esquí e snowboard Narcea de Leitariegos. Finalmente, o día 21 ás 17:00 horas realizarase a viaxe de volta cara a Mos.

 

Poderán beneficiarse desta iniciativa todas aquelas persoas maiores de 18 anos, tendo prioridade as empadroadas no Concello de Mos.

 

O prazo de inscrición é ata o 12 de febreiro, presentando unha solicitude asinada e debidamente cumprimentada no Rexistro do Concello, xunto cunha fotocopia do DNI.

 

O día 12 de febreiro farase pública a lista de admitidos/as. A contía da viaxe por persoa dependerá da modalidade escollida. Para todas as modalidades inclúese: aloxamento de fin de semana (dúas noites, de venres e sábado, e de sábado a domingo), pensión completa: dúas ceas (venres e sábado), dúas comidas (sábado e domingo), e dous almorzos (sábado e domingo), viaxe en autocar ata o destino e retorno, seguro de accidentes e seguro de  viaxe, seguro de accidentes en pista (coberturas: Gastos de rescate en pistas;  asistencia médica por accidente; traslado sanitario e/ou repatriación en caso de accidente;  traslado ou repatriación do asegurado falecido; indemnización de forfait non utilizado; indemnización por perda de clases de esquí; cobertura de falecemento accidental; cobertura de invalidez permanente segundo baremo establecido; seguro de responsabilidad civil) e dous días de remontes (forfait) na estación de Leitariegos.

 

Modalidades de viaxe

 

A Modalidade A (opción estándar) inclúe curso esquí, aluguer de equipos, viaxe, pensión completa, seguro de accidentes e o seu importe por persoa é de 142,50 euros. A Modalidade B inclúe o mesmo que a A menos o curso de esquí e custa 131,50 euros por persoa. A Modalidade C inclúe aloxamento en pensión completa, forfait, e seguro en pistas por 109,50 euros por persoa. E a Modalidade D inclúe aluguer de equipos, viaxe, pensión completa, seguro de accidentes, seguro en pistas e un plus polo aluguer de material específico para a práctica de snow board por 156,50 euros por persoa.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.