Martes, 30 de Septiembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 19 de Enero de 2016 Tiempo de lectura:
Provincia

Un home resultou ferido en Vigo ao ser atropelado por un vehículo despois de que a súa familia alertara da súa desaparición

Un home duns 80 anos resultou ferido onte tras ser atropelado por un turismo preto do seu lugar de residencia. Ao fío das 19:30 horas da tarde de onte, un particular chamou ao CAE 112 Galicia para pedir axuda. Indicou que o seu pai –un varón de avanzada idade e que padece alzhéimer- faltaba do seu domicilio. O persoal  do 112 Galicia, de contado, púxoo os feitos en coñecemento das Forzas da Orde e de Protección Civil de Vigo.
 
Case á mesma hora, a central de emerxencias rexistraba o aviso doutro alertante que informaba dun atropelo a un peón en Beade, á altura do número 18 da Rúa de Saa, no concello de Vigo. Así, se pasou aviso a Urxencias Médicas que, trasladou á persoa ao Hospital Álvaro Cunqueiro da cidade. Dende o 112 Galicia tamén se requiriu a intervención dos axentes da Policía Local e de Protección Civil de Vigo. Tras contrastar a información, a Policía Nacional confirmou ao persoal do 112 Galicia que se trataba da persoa cuxa familia alertara a súa desaparición.   
 
Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.