PROVINCIA
A Deputación de Pontevedra organiza unha networking sobre redes sociais
Francesc Pumarola, Digital Manager de Hijos de Rivera S.A.U. impartirá o 20 de xaneiro unha conferencia no Pazo Provincial da Deputación para fomentar entre as pemes e autónomos da provincia de Pontevedra o emprego das redes sociais como canle de venta.
A Deputación de Pontevedra, a través do CPAE 2.0, rede de centros atendidos por técnicos especializados en novas tecnoloxías, presta un servizo de información a autónomos e pemes da provincia de Pontevedra e oferta unha serie de actuacións para potenciar o desenvolvemento económico da provincia a través das tecnoloxías, aumentar a produtividade, introducir a innovación dos procesos produtivos e servizos, facilitar a implantación do comercio electrónico e crear un novo canle de venda online de produtos e servizos.
Para acadar os seus obxectivos, o CPAE 2.0 oferta ós seus destinatarios, é dicir, a un colectivo integrado por 64.000 autónomos e pemes da provincia de Pontevedra que constitúe o 92% do tecido empresarial da mesma, unha serie de actuacións baseadas na formación e eventos informativos nos seus seis centros de Lalín, Cambados, Pontevedra, Vigo, Ponteareas e O Porriño.
A través do Centro Provincial de Asesoramento Empresarial CPAE 2.0, a Deputación asesora a autónomos e pemes da provincia e impulsa o emprego das tecnoloxías para innovar e aumentar a produtividade
Nesta ocasión, a Deputación organiza para o mércores, 20 de xaneiro, unha networking para fomentar entre as pemes e autónomos da provincia de Pontevedra o emprego das redes sociais como canle de venta. Esta xuntanza comezará ás 10:30 horas coa presentación do CPAE 2.0 a cargo do deputado provincial Francisco Javier Dios Pomares e estará capitalizada por Francesc Pumarola, Digital Manager de Hijos de Rivera S.A.U. que impartirá, ás 10.45, unha conferencia titulada “Como poden axudarme as redes sociais a comunicar mellor e vender máis”.
Ademais, e tamén durante este mes de xaneiro, a Deputación está a organizar vinte obradoiros sobre novas tecnoloxías, impartindo nos seus seis centros, cursos sobre comercio electrónico, estratexias de e-mail marketing, aplicacións da tecnoloxía dron para o sector vitivinícola e forestal, venda on-line sen intermediarios, posicionamento SEO, edición de fotografía, Google Analytics, aplicacións para o sector agrario e gandeiro, Facebook Ads, optimizar o email para mellorar a percepción dos clientes, seguridade da información, xestión de redes sociais con hootsuite, Google Adwords, creación de páxinas web, almacenamento na nube ou a conta de Gmail.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208