PONTEAREAS
O goberno local asegura que "o grupo popular só pretende confundir á poboación"
En alusión ao comunicado de prensa publicado onte o goberno local de Ponteareas ven de emitir outro no que sinala que "segundo o artigo 5 da Lei 53/1984, de 26 de decembro, de Incompatibilidades de Persoal ao Servizo das Administracións Públicas, os membros das corporacións locais, salvo que desempeñen nas mesmas cargos retribuídos en réxime de dedicación exclusiva, poderán compatibilizar as súas actividades co desempeño dos cargos electivos” tal e como recolle o informe do asesor xurídico do Concello elaborado o pasado 15 de decembro de 2015.
O informe tamén engade que “nos supostos de membros da corporación local en situación de dedicación parcial, a Lei 7/1985 do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, poderanse percibir retribucións por tal dedicación, sempre que a desempeñen fóra da súa xornada de traballo na Administración”.
O goberno local asegura que, “diante do especificado pola lexislación, queda claro que a comunicación do grupo popular só pretende confundir á poboación, quedando eles mesmos retratados con ela”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149