Viernes, 16 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 21 de Enero de 2016 Tiempo de lectura:
Salceda de Caselas

O PP de Salceda de Caselas anima aos veciños a que se informen e resolvan dúbidas sobre o Plan Xeral

Santiago Rodríguez Davila explica que no PXOM detéctanse terreos que agora se clasifican como urbanizables en diferentes parroquias que antes non o eran, “observando favoritismo cara familiares de certos concelleiros/as do Goberno local”.

O PP de Salceda de Caselas traslada unha mensaxe de tranquilidade a todos/as os/as veciños/as ante a preocupación patente sobre as dúbidas creadas no concello sobre o Plan Xeral e aclara que aínda non foi aprobado inicialmente, polo que  quedan anos de traballo e de alegacións por parte de todos/as.

 

Actualmente, o PXOM está en fase de exposición ao público ata o próximo 28 de xaneiro, e o Partido Popular ten aberta a súa sede local de luns a venres a partir das 20.00 horas para todos aqueles veciños que teñan calquera dúbida, suxerencia, ou que precisen calquera aclaración ao respecto.

 

O voceiro do PP, Santiago Rodríguez Davila, denuncia que son  moitos os veciños que se queixan que se lles está dando por parte do Goberno local, xa que no concello non se están atendendo como deberían as dúbidas que lles xorden aos veciños de Salceda de Caselas. Segundo explica, “o que fan e poñerlle á súa disposición uns ‘libros enormes’ para que eles mesmos resolvan os seus problemas”.

 

O período de exposición comezou no Nadal, e foron varios os días nos que as oficinas estiveron pechadas por mor dos días festivos, neste momento ademais, moitas parroquias están inmersas nos preparativos do Entroido, polo que o PP de Salceda vai solicitar ao Goberno local que amplíe este período de exposición.

 

Nesta liña, Rodríguez Davila considera que “dá a sensación de que agora lle entrou a présa ao alcalde pola aprobación do Plan Xeral, que pena que non tivera o mesmo apuro  cando no seu día decidiu contratar a unha empresa para a redacción a pesar de que xa estaba traballando outra, e dicir, chegamos a ter dúas empresas con contrato en vigor o mesmo tempo para redactaro o Plan Xeral”.

 

“Unha irresponsabilidade do alcalde, ao contratar a esa segunda empresa sen cumprir, ainda por riba, todas as condicións legais, e sen rescindir o contrato da primeira, que levou á anulación dese segundo contrato e polo tanto á obriga de contratar por terceira vez a redacción do Plan, un contratempo por un  capricho do Alcalde que lle custou ao Concello máis de 80.000 euros por indennizacións e traballos, en resume, levamos máis de  6 anos de retraso e 80.000 € despilfarrados”, subliña o voceiro popular.

 

O PP VOTARÁ EN CONTRA

Desta maneira, e tal e como está plantexado o PXOM a día de hoxe, o voceiro popular explica que o PP votará en contra, xa que “detectamos diferentes cuestións que non se poden apoiar”.

 

Entre as diferentes melloras ou cuestións, destacan que “hai que estudar ben a situación da zona industrial preto do casco urbán; as superficies que se precisa para edificar en cada núcleo, deben ser revisadas; como van quedar as segregacións feitas con anterioridade; non se contempla un novo vial de comunicación entre a parroquia de Santo Estevo de Budiño e a estrada autonómicia Paramos-Salceda de Caselas; a zona deportiva non é o mellor lugar onde se plantexa, nin tampouco estamos de acordo co plantexamento da rotonda sobre a PO 510, ou a circunvalación que se plantea no perímetro do casco urbán”.

 

Así mesmo, Santiago Rodríguez Davila explica que “no PXOM detéctanse terreos que agora se clasifican como urbanizables en diferentes parroquias que antes non o eran, e que non teñen razón de ser. “Observando favoritismo cara familiares de certos concelleiros do Goberno local”.

 

“O PXOM, que aínda segue á espera da súa aprobación inicial, e outra promesa electoral do ano 2007 por parte do Alcalde que caeu en saco roto, e que segue, 8 anos despois, á espera de ver solución. De pouco vale sair na prensa vendendolle os veciños como si estivese aprobado, e todo acordado e feito, cando a realidade e outra moi distinta”, conclúe Rodríguez Davila.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.