Provincia
Avances para acadar un consenso na área metropolitana de Vigo
Hai acordo en arrancar con 14 concellos e abordar posteriormente a incorporación de máis municipios
![[Img #22511]](upload/img/periodico/img_22511.jpg)
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo onte unha reunión cos 14 alcaldes dos concellos que forman parte da área metropolitana de Vigo para abordar a modificación da actual normativa en vigor, tras a cal destacou os “importantes avances” obtidos e amosouse optimista de cara a lograr un consenso que permita a reforma.
A reunión, na que tamén estiveron o delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López- Chaves, e o director xeral de Administración Local, Alberto Pazos, tivo lugar no edificio da delegación da Xunta en Vigo e prolongouse por máis de tres horas. “Non hai ningunha dificultade insalvable”, manifestou Rueda en declaracións aos medios ao termo do encontro, nas que amosou a súa satisfacción polo resultado do cónclave, que definiu como “moi necesario” e “frutífero”.
“O fundamental é arrancar con 14”, explicou o vicepresidente da Xunta, que explicou que existe consenso en que é preciso arrancar con ese número, o contemplado na lei actual, para despois afrontar incorporacións de outros municipios cando a nova lei xa estea en vigor e a área en marcha.
No caso da gobernanza, tamén se produciron avances e a Xunta presentou a súa propia proposta para buscar un modelo equilibrado. Agora deberán ser os concellos que integran a área metropolitana e que participan no seu goberno os que deban chegar a un acordo sobre esta cuestión “no prazo máis ou menos rápido”, en palabras de Rueda.
Competencias
Así mesmo, o conselleiro de Presidencia tamén indicou que outro asunto que está pendente de pechar definitivamente é o do financiamento das competencias. Nesa liña, outro dos acordos que se produciu foi o de que debe contemplarse na lei que a Deputación de Pontevedra tamén transfira competencias a área, tal e como fan outras administracións.
![[Img #22508]](upload/img/periodico/img_22508.jpg)
Precisamente ao respecto das competencias, outra da cuestión nas que aínda non hai acordo é a do transporte metropolitano, xa que os concellos manteñen posturas diversas. En todo caso, hoxe decidiron manter novas reunións, de carácter específico e con técnicos da Xunta e dos concellos, para abordar esta cuestión e definir como se debe xestionar o transporte dende a área metropolitana. Unha cuestión non menor que o vicepresidente definiu como “unha competencia medular” da área.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208