GALICIA
Feijóo subliña a importancia de xerar "estabilidade política" para que turismo siga exercendo de motor da recuperación económica
Afirma que é preciso seguir traballando conxuntamente a prol do turismo, buscando que a iniciativa pública e a privada se movan na mesma dirección, e ve preciso que exista tamén unha confluencia de intereses entre a Administración e os axentes do sector, tal e como sucede en Galicia.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, subliñou a importancia de xerar un clima de estabilidade política para que o sector turístico poida seguir exercendo de motor da recuperación económica do país. Segundo engadiu, trátase de traballar conxuntamente para manter e mesmo mellorar os bos datos do turismo, buscando que a iniciativa pública e a privada se movan na mesma dirección. Ademais, ve preciso que exista tamén unha confluencia de intereses entre a Administración e os axentes do sector para que o turismo salga fortalecido como industria e o país consiga un maior atractivo e unha mellor oferta como destino.
Así o destacaba o titular do Goberno galego esta tarde no coloquio Claves para potenciar el turismo y reforzar la cooperación turística interinstitucional y público-privada en esta legislatura, no marco do VIII Foro Exceltur en Madrid. Alí, Feijóo subliñou tamén que en Galicia hai tempo que se vén traballando coa dita fórmula a través do Clúster de Turismo da Comunidade e do Consello de Turismo, que achegan á Administración as principais demandas do sector de maneira que a planificación e a xestión do turismo sexa o máis acertada posible e pegada ás necesidades do mercado.
Do mesmo xeito, o máximo responsable autonómico puxo en valor as políticas de turismo da Xunta, que traballou ao longo dos últimos anos neste eido, buscando a máxima implicación de todos os departamentos do Goberno autonómico e dos axentes do sector. Desta forma, a semana pasada deuse o primeiro paso para aprobar o proxecto de decreto que regula as vivendas de uso turístico e os apartamentos e vivendas turísticas.
O Plan Integral de Turismo de Galicia
Así mesmo, destacou que, coas achegas de todo o sector, hoxe Galicia dispón de ferramentas de xestión como o Plan Integral de Turismo, co que a Xunta colabora con todos os concellos e deputacións para poñer en valor cada recurso turístico da Comunidade. Trátase dun plan implicado no desenvolvemento de novos produtos turísticos relacionados coa enogastronomía, o termalismo, o turismo ornitolóxico, os trens turísticos ou o programa ‘Outono gastronómico’. Procura, ademais, a calidade como marca da casa e compromete ás administración coa innovación e as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías á hora de ofrecer un mellor servizo para o turismo, tal e como sucede co programa ‘Smart Turismo’ ou o ‘Smart Camino’.
Pon en valor o Plan Integral de Turismo, co que a Xunta colabora con todos os concellos e deputacións e que está comprometido co desenvolvemento de novos produtos turísticos, ademais de manter a calidade como marca da casa e de contar coa innovación e as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías
Por outra banda, Feijóo aproveitou para subliñar a importancia que o Camiño de Santiago ten no turismo galego, aparte das demais festas e municipios de interese turístico que dan fama á Comunidade.
2015, un ano de máximos históricos
O presidente da Xunta lembrou que os datos de Impactur correspondentes a 2014 en Galicia indican que o turismo representa o 11,1% do PIB da Comunidade e que xera o 12% do seu emprego.
Di que 2015 foi un ano de máximos históricos en canto ás cifras en Galicia, xa que nos once primeiros meses de 2015 o número de viaxeiros aloxados subiu máis que en ningunha outra Comunidade, a cifra de pernoitas foi a máis alta dos últimos cinco anos e o turismo internacional conseguiu un nivel récord en aumento de viaxeiros
Ademais, no que atinxe ás cifras acadas en Galicia como destino turístico, alcanzáronse máximos históricos, xa que nos once primeiros meses de 2015 o número de viaxeiros aloxados subiu máis que en ningunha outra Comunidade (un 12,1%) ata acadar preto de 4,4 millóns; a cifra de pernoitas foi a máis alta dos últimos cinco anos con case 8,8 millóns rexistradas e o turismo internacional conseguiu un nivel récord, cun aumento de viaxeiros do 18%.
Así mesmo, Feijóo subliñou que, no relativo ao Camiño, recolleron a ‘compostela’ 262.515 peregrinos, un 10% máis que en 2014.
As grandes citas turísticas en Galicia neste ano
O presidente da Xunta lembrou as grandes citas turísticas que terán lugar na Comunidade galega en 2016, destacando en primeiro lugar a celebración do Xubileo Extraordinario da Misericordia, e sinalando que este é o ano dos Camiños do Norte, recentemente declarados Patrimonio da Humanidade, e no que entrará en servizo o Centro Internacional de Acollida ao Peregrino e a rehabilitación da porta a Compostela, que é o Monte do Gozo.
Lembra os grandes fitos turísticos que terán lugar en Galicia en 2016, como a celebración do Xubileo Extraordinario da Misericordia, a posta en valor dos Camiños do Norte, a posta en servizo do Centro Internacional de Acollida ao Peregrino, a rehabilitación do Monte do Gozo e as cinco etapas da Volta Ciclista que transcorrerán integramente pola Comunidade
Do mesmo xeito, será un ano no que a Volta Ciclista a España partirá dun balneario en Ourense e transcorrerá integramente por Galicia en cinco das súas etapas.
Neste senso, o máximo responsable autonómico subliñou a importancia de seguir amosando o poderosa que é Galicia e de seguir na mesma liña de cooperación e de compromiso coa calidade para consolidar unha industria que é estratéxica para a economía galega e que debe seguir sendo un dos motores da recuperación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180