Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 21 de Enero de 2016 Tiempo de lectura:
TUI

Eurocidade Tui-Valença presentouse en FITUR coma destino único e privilexiado en España

Durante 25 minutos expuxéronse as potencialidades das dúas cidades coa proxección dun vídeo e a intervención dos dous mandatarios.

[Img #22526]

 

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro convidou esta tarde en FITUR, a Feira Internacional de Turismo, en Madrid, a coñecer unha Eurocidade única en España. Coa súa intervención remataba a presentación da Eurocidade Tui-Valença baixo o titulo “Mil anos de historia”. Gran expectación houbo ante este evento realizado no posto de Turgalicia e que contou coa presenza da directora xeral de Turismo, Nava Castro, e do xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, amais do concelleiro de Turismo de Tui, Laureano Alonso e do vareador de Turismo de Valença, Jorge Salgueiro Mendes.


A proxección dun vídeo no que se amosou o patrimonio cultural, natural, deportivo, gastronómico,.. tanto de Tui coma de Valença con “séculos de memoria compartida” abriu esta presentación na que o Camiño de Santiago tivo tamén protagonismo ao ser a Valença o último punto en Portugal do Camiño Portugués e Tui a porta a entrada  a Galicia do mesmo. As pontes internacionais, rúas comúns da Eurocidade, a Fortaleza de Valença, o Parque Natural do Monte Aloia, a gastronomía resaltaron en imaxes ao longo de sete minutos de proxección a Tui e Valença coma un destino privilexiado.


A continuación interveu o presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, pechando o acto o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, completando así os 25 minutos dos que dispuñan.


O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, fixo unha valoración moi positiva desta presentación por ter a oportunidade dar a coñecer a marca de calidade da Eurocidade. Aproveitou para resaltar a riqueza patrimonial e natural das dúas cidade, facendo fincapé na diversidade de ocio ligada ao río Miño, a variedade da riqueza gastronómica e hostaleira.


A presenza en FITUR é a primeira cita coas feiras de turismo que ten a Eurocidade, xa que no mes de abril acudirá, con posto propio, á BTL que se celebra en Lisboa.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.