GALICIA
A Fundación Pública Camilo José Cela colabora na publicación de ‘La Forja dun escritor’
O novo volume de Cadernos de Obra Fundamental do Nobel, editado pola Fundación Banco Santander, presentouse hoxe no Instituto Cervantes, en Madrid.
A Fundación Pública Galega Camilo José Cela colabora na publicación de ‘La Forja de un escritor’, o novo volume de Cadernos de Obra Fundamental do Nobel galego editado pola Fundación Banco Santander e que hoxe foi presentado no Instituto Cervantes, en Madrid.
Neste caderno recóllense uns cincuenta artigos de entre os máis de seiscentos que foron escritos por Camilo José Cela entre 1943 e 1952. Os textos, que recollen a faceta de articulista de Cela, foron extractados do arquivo de prensa da Fundación polo decano da Facultade de Filoloxía da Universidade de Barcelona e padroeiro da Fundación, Adolfo Sotelo Vázquez.
A presentación desta obra enmárcase dentro das iniciativas programadas con motivo da celebración neste ano do centenario do nacemento do Premio Nobel galego.
A publicación foi presentada hoxe en Madrid polo director do Instituto Cervantes, Víctor García de la Concha, nun acto no que tamén participaron o director xerente da Fundación Banco Santander, Borja Baselga; o escritor Juan Manuel de Prada, o catedrático emérito de literatura e crítico literario Germán Gullón e o profesor e padroeiro da Fundación Cela, Adolfo Sotelo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101