Jueves, 15 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 22 de Enero de 2016 Tiempo de lectura:
Mos

Arévalo plantexa Medio Rural melloras en camiños e a implementación do Servizo de Emerxencias

Onte reuniuse en Santiago coa conselleira, Ángeles Vázquez, a este respecto

[Img #22553]

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, reuniuse onte pola tarde en Santiago de Compostela coa conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez Mejuto, para abordar unha posible liña de axudas para a mellora de viais, camiños e infraestruturas rurais  e para a potenciación do Servizo Municipal de Emerxencias e a súa base de actuacións, sita na Veigadaña.

 

Dita colaboración autonómica iría fundamentalmente dirixida a optimizar os camiños e as estructuras rurais das parroquias mosenses e á mellora das instalacións da base de actuacións do Servizo de Emerxencias, dotación de maiores recursos humáns, renovación de vehículos e dos equipos de protección individual.

 

Como cada ano, a rexedora local visita a consellería de Medio Rural para plantexar as necesidades en materia viaria dos camiños municipais, cuxa mellora é de vital importancia para a optimización da seguridade vial tanto de condutores coma de peóns. Neste sentido, Arévalo trasladoulle e solicitoulle a Vázquez Mejuto as solucións para as principais demandas a este respecto das parroquias do Concello de Mos.

 

No caso do Servizo Municipal de Emerxencias, Extinción de Incendios, Rescate e Salvamento do Concello de Mos, este precisa de acometer obras que melloren e modernicen as súas instalacións posto que nelas non só conviven o Servizo de Emerxencias e Protección Civil, senón que durante a tempada de verán estas dependencias acollen tamén a brigadas forestais e condutores motobomba tanto municipais como doutras entidades.

 

Ademais sería necesaria a contratación de persoal a maiores e no capítulo de medios, destacar a antigüidade dalgúns vehículos que prestan servizo, en concreto tres, que habería que substituír por uns novos que melloren o servizo ós usuarios.

 

Outra demanda da alcaldesa á conselleira para o Servizo Municipal de Emerxencias foi a relativa ós equipamentos persoais, xa que é necesario renovar os equipos de protección individual tales como traxes, fundas e cascos.

 

[Img #22554]

 

O Servizo Municipal de Emerxencias, Extinción de Incendios, Rescate e Salvamento de Mos naceu como resposta urxente á necesidade de dotar ó municipio dunha fórmula eficaz, rápida e profesional para asistir as urxencias, extinguir incendios, previr sinistros e situacións de risco tanto a nivel local como na bisbarra, xa que dende aquí coordínanse as accións nesta materia do resto da comarca.

 

Trátase dun servizo público que tanto palía necesidades como promove a previsión, prevención e rehabilitación nos campos da seguridade e medio ambiente. Traballa na loita e prevención contra os incendios forestais, verteduras e vertedoiros incontrolados, coidado e atención a animais domésticos e silvestres abandoados e/ou perdidos, e organización de campañas de concienciación en centros educativos en colaboración con outros organismos.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.